Raúl Dans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raúl Dans Mayor, nado na Coruña en 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicia a súa andadura como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi guionista de programas de ficción, integrándose na Compañía Luís Seoane, onde actuou en montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo. É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90. As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Confesións dun practicante, 2004, Tris Tram.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2007, Xerais.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Rafael Dieste no 1993, por Matalobos.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1994, por Lugar.
  • Premio ex-aequo no XXII Premi Born de Teatre no 1997, por Derrota.
  • Finalista do Premio Rafael Dieste no 1998, por Estrema.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2010, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • Premio de teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Chegamos despois a unha terra gris.
  • Gañador do X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces no 2012, por Un mosquito de nome Henry.
  • Gañador do Premi Born de Teatre no 2012, por Una corriente salvaje.
  • Gañador do Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela no 2015, por Las canciones que les cantaban a los niños.

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Ondada
  • O proceso
  • Exterior-día

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Incluído, co n.º 94, na Biblioteca Galega 120.