Xosé Carlos Caneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Carlos Caneiro
Xosé Carlos Caneiro, Noia.jpg
Datos persoais
Nacemento 17 de xuño de 1963
Lugar Verín, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Narrativa, poesía e ensaio
Estudos Xeografía e Historia

Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín o 17 de xuño de 1963[1], é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Asesor do Centro de Formación do Profesorado de Ourense, con sede en Verín. Profesor do curso "Didáctica da ficción e Creación Literaria" na Universidade de Vigo". Colaborador habitual de numerosas publicacións desde 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo ou El Mundo).

Dirixiu e presentou o programa da TVG "Oficio de Palabras". Foi colaborador diario da "Crónica" da Radio Galega".

Perfil controvertido[editar | editar a fonte]

Mantivo agarradas con escritores como Suso de Toro, de quen dixo que practicaba unha "literatura horrísona"´[Cómpre referencia]. De Santiago Jaureguizar dixo que era "un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento"[Cómpre referencia]. Tamén ten rifado con Manuel Rivas, criticándose mutuamente a través de artigos xornalísticos e blogues[Cómpre referencia].

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Historias no fío de Monterrei, 1988, Concello de Verín.
  • O infortunio da soidade, 1992, Xerais.
  • Loias, lucérnulas e outras historias no fío de Monterrei, 1995.
  • Un xogo de apócrifos, 1997, Xerais.
  • Estado permanente de fracaso, 1997, Vía Láctea.
  • Talvez melancolía, 1999, Espiral Maior.
  • Os séculos da lúa, 1999, Espiral Maior.
  • A rosa de Borges, 2000, Sotelo Blanco.
  • Ébora, 2000, Xerais.
  • Triloxía dos tristes, 2002, Galaxia.
  • Ámote, 2003, Galaxia.
  • A vida nova de Madame Bovary, 2008, Galaxia.
  • Blue Moon, 2009, Biblos Clube de Lectores.
  • Un último destino, 2010, Galaxia.
  • A máscara de Ulises, 2013, Galaxia.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • O esculpido sorriso dos teus beizos, 1984, edición de autor.
  • Da túa ausencia, 1991, edición de autor.
  • Estación Sur, 1994, Concello de Ourense.
  • A valga do triste amor, 1997, Espiral Maior.
  • Aínda soñas con piratas?, 1999, Espiral Maior.
  • De bar en bar (os poemas prohibidos), 2006.
  • Camiños de amor e lúa, 2009, Biblos Clube de Lecturas.
  • Despois de ti, a chuvia, 2011, Galaxia. Con poemas recitados da súa voz acompañado por Emilio Rúa.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O buscador da nada, 1991, Asociación Cultural Monterrei.
  • Os dominios de Caín, 2006, Galaxia.
  • De bar en bar (para abrazarte escribo), 2006, Difusora.
  • Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela, 2016, Deputación de Ourense.

Edicións[editar | editar a fonte]

Infantil[editar | editar a fonte]

  • "O raposo Colabranca" Galaxia, 2011.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • A memoria de Ourense, 1999, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
  • Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Xerais.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Las arañas en Berlín, 2013, Guiverny.
  • Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo, 2015, Trifolium

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Columnista", artigo de Caneiro en La Voz de Galicia, 18 de xuño de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]