Manuel Luís Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Luís Acuña, retrato en Vida Gallega, 1929.

Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de Escuela del Trabajo. Militante do Partido Galeguista trala guerra civil foi depurado e viuse obrigado a dedicarse ao ensino privado.

Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas (1933, editorial Nós).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]