Expediente Artieda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Expediente Artieda
Unha silueta da Torre de Hércules ilustra a cuberta do libro na edición orixinal, de Xerais.
Autor/aLuís Rei Núñez
OrixeGalicia
Linguagalego
Xénero(s)novela
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.outubro de 2000
Páxinas227
ISBNISBN 84-8302-573-6
editar datos en Wikidata ]

Expediente Artieda é unha novela de Luís Rei Núñez publicada no ano 2000 por Edicións Xerais de Galicia, tras lograr o Premio Xerais dese ano. A novela está estruturada en 44 breves capítulos non numerados nos que un narrador omnisciente e diferentes narradores protagonistas introducen o lector nunha historia que transcorre entre os últimos días de agosto e os primeiros de setembro de 1959.[1] Comeza co asalto frustrado dos maquis á emisora de Radio Nacional de España na Coruña e a chegada de Ricardo Artieda, un militante comunista, coa misión de matar o traidor que os denunciou. Asísteoes tamén á vida cotiá doutros personaxes ligados entre si e aos anteriores por parentesco, amizade, traballo ou ideoloxía. É unha novela coral na que se homenaxea os últimos membros da resistencia antifranquista e unha parte da cidade da Coruña en gran parte xa desaparecida. Coida ademais con esmero a lingua e o que converte esta historia en materia literaria singular non é o seu argumento, esperable, senón o seu tratamento formal.[2]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Tempo[editar | editar a fonte]

Espazo[editar | editar a fonte]

Narrador[editar | editar a fonte]

Argumento[editar | editar a fonte]

Agosto. 7 da tarde.

(Día A, domingo)

Posguerra (ano 1959)

Tenda de fotos Bibiana Brea Bibiana, Odilo e Mungo oen chegar o expreso de Madrid mentres a moza lle fai a Mungo unhas fotos para o carné. Entra Mamede, o tranviario, e póñense a falar de fútbol. Escoitan pola radio a voz de Enrique Mariñas, que anuncia o comezo do partido de fútbol en Riazor coa presenza de Franco.

Ás 7.15 unha voz interrompe ao locutor e dá lectura a unha proclama antifascista que ao tempo é a despedida das actividades dos maquis. Un refacho de metralleta interrompe o discurso.

Entran Mateo Lan e Camilo. Logo entra Trina.

Día anterior ao do 1º cap. Sanatorio de Oza Cosme Leis Cosme narra a súa estancia no hospital, a resignada espera da morte e a última traizón a María, namorado como está de Elisenda. Lembra os anos que pasaron xuntos, e como ela sempre o atendeu cando estivo preso en Carabanchel e agora neste hospital.

Un paseo polo hospital permítelle descubrir a relación amorosa da enfermeira cun técnico da radio e o plan trazado. Cosme, celoso, denuncia a trama á policía secreta.

Día A. 18.45 Arredores e estudios de R.N.E. Omnisciente Os catro últimos membros do maquis galego tentarán ler o discurso de despedida pero son sorprendidos pola policía e abatidos. O Rilo mata ao técnico para que non denuncie á enfermeira. Tobío alcanza a gritar pola radio “Vaite”.
Día A. Algunhas horas máis tarde. Algún lugar da costa luguesa Omnisciente Artieda agarda a un Recarei que non acode a ningunha das citas. Chega Susan nun coche, e cóntalle o ocorrido. O plan era deixar os asaltantes en Ribadeo, pero agora deciden abandonar o coche (que Mamede deixara preparado) e coller un tren. Van ata Xixón xuntos e alí sepáranse.
Día seguinte a A. Luns Unha fonda de Bilbao Omnisciente Artieda agarda ordes mentres pensa na súa familia. Ese mesmo día viu a súa irmá pero non se atreveu a falarlle. Ao amencer do día seguinte recibe a orde de volver á Coruña.
Luns Tenda de fotos Bibiana Brea Bibiana le a Folla do Luns ao cego. A noticia sobre o Recarei centra a súa atención e provoca o seu enfado, xa que, segundo el, todos os datos son falsos. Conta a súa relación cos mortos. Entran Trina, a recoller unhas fotos, e pouco despois Fefa en busca do irmán.
Luns? Na Costa da Unión Omnisciente Fefa salva a un neno de ser atropelado. Trátase de Moncho Bastida.
Luns, 8 da tarde Parque de Santa Margarida Un dos amigos de Camilo Nun autobús enferruxado está o club de Camilo e os seus amigos. Camilo conta que virá alguén para vingar os mortos e lembra o asasinato do seu pai.
Luns, tarde? Casa de Mariña Omnisciente Despois das faenas do día, Lola vai á casa de Mariña a rexeitar a oferta de traballo que esta lle fixo a Fefa en agradecemento por salvar a Moncho. Pero acaba aceptando ela ir coser á casa.
Luns? Casa de María Omnisciente María realiza na casa unha actividade febril para non ter que enfrontarse á noticia que lle trouxo Mamede: a traizón de Cosme. Non obstante, na súa visita diaria ao enfermo ningún dos dous fala do asunto.
Luns? Hospital de Oza Cosme Cando María marcha, Cosme sincérase con Elisenda. Ela pregúntalle por que os traizoou.
Martes? Estación de tren Artieda Artieda chega á Coruña e recíbeo Mamede, quen lle dá instrucións e documentación falsa. Conversan sobre a falta de sensatez do Recarei e a gravidade de Cosme. Artieda instálase nunha fonda.
Martes? Portal dos Bescansa/
casa Lola
Camilo Camilo agarda á súa nai. Cando esta baixa vén acompañada de Marinita. O neno cóntalle a súa nai como conseguiu traballo nunha pastelería. Xa na casa o neno acompaña a Lola e olla pola fiestra á veciña.
Martes? Boîte do Hotel Embaixador Omnisciente Artieda consegue entrar e asiste á actuación de Trina. Recoñece ao gobernador e observa ao grupo que o acompaña, entre os cales está o doutor Segade. Trina ponse a falar con el e o gobernador ordena que o sigan.
Mércores? Club / Confeitería Camilo Camilo espera os resultados do exame de Reválida. Na confeitería debe levar o recado dunha inglesa (Susan) a un amigo á factoría de gasosas e unha carta. O neno logra entender algo dunha chave e a “próxima semana”.
Mércores? Local clandestino Elisenda A enfermeira acode a unha reunión onde se distribúen panfletos. Ao saír, Artieda acompáñaa e insinúaselle.
Faiado da casa dos Bescansa Omnisciente Silverio é un mozo falanxista que se entretén en cravar alfinetes nos ollos dos paxaros. Descobre que Lola é viúva dun roxo e a nai pídelle explicacións á costureira. Na escaleira, pretende atemorizar a Fefa.
Mércores?

Tarde

Cine Doré Camilo Camilo acompaña a Bibiana. Ela vai ás clases de comercio e el ao cine, a súa grande afección. Xa no Doré, unha voz (Artieda?) grita en contra de Franco. Dous homes lanzan panfletos e saen fuxindo. Camilo e a policía séguenos. Despois dunha persecución, Mamede, ferido nunha perna, é detido.
Xoves?

Mañá

Cancha de frontón Omnisciente Artieda vai xogar ao frontón para trabar amizade co médico Segade. Preséntase como viaxante e despois do partido quedan para o día seguinte no Embaixador.
Xoves?

Tarde

Casa de Camilo Camilo Artieda chega a casa de Lola e encontra só a Camilo. Gaña a confianza do rapaz falando do Recarei, amigo de Pepe Dubra. Como fixera o Recarei o día en que morreu, Artieda pídelle ao neno que saia un momento e este ve como colle uns cartos que estaban escondidos. Camilo entende que é o home enviado pola organización e cóntalle a detención de Mamede.
Venres? Mañá Tenda de fotos. Rúa Bibiana Bibiana le o xornal a Mateo cando entran Odilo e María. Entre todos deciden facer algo por Mamede e diríxense á comisaría. Polo camiño, Odilo e María lembran a súa infancia xuntos e descubrimos que Odilo está namorado dela.
Venres? Noite Boîte do Embaixador Omnisciente Artieda acode á cita con Segade, quen está xa bastante ebrio. Despois de acompañalo á porta vai con Trina para a casa dela e teñen unha relación sexual.
Luns? Pola mañá. Setembro Instituto Masculino Camilo Primeiro día de curso para Camilo despois de aprobar a reválida. Cantos falanxistas e novos amigos. Por medio dunha nota, a súa veciña Etelvina cítao para a tarde, pero el, observador desde unha árbore, non se atreve a acudir.
Luns? tarde Tenda de fotos Bibiana Mateo conta as súas historias da represión falanxista e Camilo explica que Mamede quedará coxo. Cando Bibiana deixa a tenda, aparece Trina, que a acompaña e faille diversas confidencias. Logo regálalle un libro e despídese cun bico na boca.
Martes? Tarde Fábrica de gasosas Susan Susan chega á cidade para asistir a unha reunión clandestina na fábrica propiedade do seu amigo James. Na reunión deciden, animados por Artieda, lanzar panfletos durante a presenza de Franco no Club Náutico, esixindo a liberdade de Mamede.
Martes?Tarde? Rúa
Consulta de Segade
Artieda Artieda,con cautela, regresa á estación para recuperar o maletín coa arma que deixara en consigna. Chama logo a Segade e pídelle que o reciba. Aproveita a consulta dos seus problemas físicos para contarlle as tácticas para seducir a Trina. A cambio pídelle que o avise cando Franco vaia ao sanatorio.
Mércores? Biblioteca Xardín de San Carlos
Parque Sta. Margarita
Omnisciente Artieda, aburrido, pasa os días na biblioteca. Pola tarde cítase con Elisenda no parque para pedirlle un plano do sanatorio. O parvo Casimiro péscalle a chaqueta e descobre a arma. Artieda dáse conta de que lle falta cando xa abandonou o parque. Camilo, que o ve marchar, xa non dubida de que se trata do home da organización.
Oza Omnisciente María e Odilo van ver a Cosme. Este, xa moi enfermo, quere pedirlle algo a Odilo. María déixaos e sae da habitación.
Tarde Consulta de Segade Trina Trina vai visitar a Segade. A punto de comezar unha relación sexual, ela advírtelle que ten sífilis.
Rúa Camilo Camilo vai pola rúa e achégaselle Marinita Bescansa, que a el lle gusta moito, pero a timidez impídelle falarlle como lle gustaría.
Tarde Mercería Fefa Fefa fala sobre o seu traballo e as súas compañeiras. Comenta a impresión que lles produce un home (Artieda) que entra para cambiar os botóns dun vestido de muller que quere regalar.
Noite Fonda Artieda As noites de Artieda son un pesadelo porque non pode durmir. Lembra a súa infancia e repasa a súa solitaria vida.
Mañá

Xoves?

Despacho do gobernador Omnisciente O gobernador recibe a ficha dun roxo condenado a morte. Recibe a Estévez, un home que considera arrimado ao poder, e pono a proba. Xa só con Baladrón lamenta que a súa muller se enterase da súa relación con Trina e descobre casualmente nunha foto a un personaxe que lle resulta coñecido (Artieda) e ordena investigar a súa identidade.
Domingo. Mañá Igrexa dos Capuchinos Omnisciente Na igrexa celébrase a comuñón da filla de Mungo. Chega Artieda, que esa mañá recibira unha chamada de Segade, para dicirlle que os panfletos deben estar para o martes, xa que Franco irá ese día ao Náutico despois de pasar por Oza. Logo achégaselle Elisenda, que lle dá as grazas polo vestido.
Luns. Mediodía Casa de Lola Camilo Durante a comida Fefa está chorosa, pero só cando quedan sós cóntalle a Camilo que Silverio Bastida intentou abusar dela. Camilo, xa furioso contra el porque pensa que foi o que denunciou a Mamede, búscao e dálle unha malleira. Xa na confeitería cólleno roubando unha bolsa de pastas para Fefa. De volta na casa, Lola cóntalle que perdeu o broche que Mariña lle deixara para a comuñón.
tarde Praza da comisaría Omnisciente A policía detén a Casimiro e tortúrano ata lograr unha descrición do dono da arma roubada. No mesmo lugar está Mamede, que esa mesma tarde é trasladado ao cárcere nun estado calamitoso.
tarde Hospital María María chega ao hospital e encontra a Cosme moi enfermo. Segade propón operalo de novo. Pouco despois chega Odilo e dille que Cosme lle pediu que a coidase, e decláralle o seu amor. María acéptao, e pouco despois descobre a infidelidade do seu home.
Anoitecer Nunha obra Omnisciente Camilo e os amigos están nunha obra que vixía Casimiro cando este chega e lles fala da pistola. Camilo entende que ten que avisar a Artieda.
Pouco despois Tenda de fotos Bibiana Trina entra na tenda a despedirse de Bibiana. Decidiu irse para América cuns cartos que lle prestou Artieda. Chega Camilo dicindo que hai que avisar a Artieda e Mungo di que o viu entrando en Oza.
Ao mesmo tempo Sanatorio Artieda Segade dorme apraciblemente despois de operar a Cosme, cando entra Artieda no seu despacho. Mentres fala con el, róuballe arsénico. Segade comprende que Artieda non é viaxante e só pode pedirlle que non o ate moi forte. Cando Artieda está chegando aos Castros encontra a Mungo e Camilo, que van na súa busca. Dálle cartos a Camilo para que pague a débeda da súa nai e decide volver ao sanatorio.
Noite Sanatorio Elisenda Artieda e Elisenda pasan a noite xuntos. Ela ten medo a enamorarse, porque sabe que é o final.
Martes pola mañá Casa dos Bastida Lola A costureira, antes de despedirse do traballo, pídelle á señora que retire a denuncia contra o seu fillo. Mariña acepta, despois de dubidalo. Logo dálle un broche para substituír o perdido. A señora non o acepta, porque é moito máis caro que o que ela lle prestara, pero Lola, orgullosa, insiste.
Mesma hora Oza Omnisciente Artieda está na fila de médicos que agarda recibir a Franco. A súa intención é envelenar o Caudillo con arsénico, pero Franco sospeita e ordena a Elisenda que beba. Cosme adiántase e pouco despois morre. Artieda escapa e nunha fuga desesperada chega á torre de Hércules. Finalmente é abatido mentres Mamede e Susan contemplan desde a prisión os seus últimos momentos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

(por orde de aparición)

  • Bibiana Brea: dependenta nunha tenda de fotografía preto ou dentro da antiga estación de Renfe. É a narradora de varios capítulos. Está estudando comercio porque quere ter un traballo mellor. Ten melena ondulada.
  • Odilo Querentes: dono da tenda de fotografía. Orfo, foi recollido polo pai de María, a muller de Cosme, e ambos nenos criáronse xuntos. Odilo sempre estivo namorado de María.
  • Mungo Ures: encargado de acender e apagar os farois coa pértega, é, grazas ao seu traballo, un dos que máis informado está sobre os demais. É alto, calvo, e moi presumido. Está casado e ten unha filla que vai facer a primeira comuñón. Mungo, membro da resistencia, debátese entre o afecto e a ideoloxía.
  • Mamede Aneiros: tranviario que vive nun piso ao que regresa no 10. Viste zamarra azul e é pouco falador. Logo saberase que se converteu tardiamente no amante de Susan.
  • Mateo Lan: cego a causa das torturas, frecuenta a tenda de fotos para que Bibiana lle lea os xornais.
  • Camilo Dubra: o fillo de Lola, a costureira da rúa onde se encontra a tenda de fotos, e dun membro da resistencia asasinado. Camilo estudou 4º de bacharelato con certas dificultades e agora prepárase para facer a reválida.
  • Trina: cantante na boîte do hotel Embaixador e amante do gobernador civil.
  • Cosme Leis: membro da resistencia e autor, por celos, da raizón aos maquis. Está ingresado no hospital de Oza, doente dunha enfermidade terminal.
  • María: muller de Cosme; persoa sensible que escribe poesía para soportar as noites de insomnio e a soidade.
  • Doutor Segade: médico do hospital que atende a Cosme e asiduo da boîte do Embaixador. Está fascinado con Trina e atende ao caudillo cando este está en Meirás.
  • Elisenda: enfermeira en Oza e membro da resistencia. Ten unha relación amorosa cun dos implicados no asalto á radio. Cosme está namorado dela.
  • Recarei: un dos catro asaltantes á radio. Corenta anos, disfrazado de cura; é o que fala pola radio.
  • Rilo, Trasbache e Tobío, o máis novo, son os outros tres membros.
  • Ricardo Artieda: Vasco de Bilbao, encargado pola organización de facer pagar a Cosme a súa traizón. É un neno da guerra, que escapou a Francia coa súa nai e a súa irmá e logo foi enviado á URSS. Comunícase coa súa irmá, que vive en Bilbao, a través de pequenas notas escondidas na tumba da nai. É un personaxe elegante (viste sempre de azul), atractivo, profundamente solitario, que busca amores dunha noite. Séntese profundamente atraído por Elisenda, a quen seduce con algunhas das pasaxes máis líricas do relato.
  • Susan Temple: inglesa, veu a Galicia nunha viaxe de estudos e namorouse profundamente de Alfredo, un membro da resistencia, natural da Costa da Morte, que pouco despois foi abatido. Susan decidiu quedar, sobrevivindo coas clases de inglés, e seguir participando nas actividades clandestinas. No momento da historia é amante de Mamede.
  • Varelita, Moncho, Chuco, Chilique, ...: mozos amigos de Camilo.
  • Fefa Dubra: irmá de Camilo. Pequena, rápida. Traballa nunha mercería na Costa da Unión.
  • Casimiro: antigo soldado que se gaña a vida como vixiante. Bastante parvo.
  • Lola, a costureira, nai de Camilo e Fefa.
  • Mariña de Bescansa: señora de familia acomodada, próxima ao réxime.
  • Marinita: filla da anterior.
  • Etelvina: nena veciña de Camilo.
  • Valeriano de Frutos: gobernador civil da Coruña. Artieda recoñéceo polas súas actividades en Burgos.
  • Silverio Bescansa: mozo falanxista fillo de Mariña.

Premios[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Expediente Artieda". www.xerais.gal. Consultado o 8/2/2019. 
  2. "Expediente Artieda". www.elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 19/02/2019. Consultado o 8/2/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]