Antonio Reigosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Reigosa
Antonio Reigosa.jpg
Nacemento15 de agosto de 1958
 Zoñán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e ensaio
editar datos en Wikidata ]

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.

É o cofundador de Chaira, Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán Ramiro Cuba, ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.

Relator en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.

Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada[1].

Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004 e da revista oral de periodicidade semestral A voz dos carraos editada polo Museo Provincial do Mar desde 2006.

En xaneiro de 2015 foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo pola corporación municipal dese concello.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

É autor, ou coautor, de arredor de 40 títulos de textos literarios ou de investigación entre os que salientan:

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Memorias dun raposo, 1998, Xerais.
  • Resalgario, 2001, Xerais.
  • O galo avisado e o raposo trampulleiro, 2003, Xerais.
  • Bacoriño, 2004, Xerais.
  • A raposa no galiñeiro, 2004, Deputación de Lugo.
  • A escola de Briador, 2006, Everest Galicia.
  • A noite dos pesadelos, 2006, Luis Vives, Vigo.
  • O polimacho e outras criaturas, 2008, Tambre.
  • Lu e Go pola muralla, 2010, Obradoiro.
  • O aprendiz de home do saco, 2013, Xerais.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto, 2008, Morgante.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, 2011, Xerais.
  • Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, 2014, Xerais.
  • Celebración de Mondoñedo, 2017, Embora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Polavila na Pontenova, 1998, Deputación de Lugo.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo.
  • Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004, Deputación de Lugo. Con Xoán Ramiro Cuba.
  • Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
  • Balada do neno cego, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas, 2006, Xunta de Galicia.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
  • Lendo lendas, digo versos, 2015, Xerais, con Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas.
Con Xosé Miranda
  • Colección Cabalo Buligán. 20 volumes, 1998-2003, Xerais.
  • Contos fantásticos. I e II, 2001, Xerais.
  • Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo, 2002, Xerais.
  • Contos de encantamento. I e II, 2002, Xerais.
  • Máis contos de animais. I e II, 2002, Xerais.
  • Contos de parvos e pillos. I e II, 2003, Xerais.
  • Arrepíos e outros medos, 2004, Xerais.
  • Contos prodixiosos. I e II, 2004, Xerais.
  • A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas, 2006, Xerais.
  • Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010), 2011, AELG.
Con Xoán Ramiro Cuba e Xosé Miranda
  • Contos marabillosos. I e II, 1998, Xerais.
  • Contos marabillosos. III e IV, 1999, Xerais.
  • Dicionario dos seres míticos galegos, 1999, Xerais. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
  • Contos de maxia. I, II, III e IV, 2000, Xerais.
  • Antoloxía do conto de tradición oral, 2001, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
  • Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral, 2001, Xerais.
  • Contos de animais. I e II, 2001, Xerais.
  • Pequena mitoloxía de Galicia, 2001, Xerais.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Cuentos y leyendas de Galicia, 2012, Anaya.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987).
  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por O sumidoiro Calcarrúas.
  • Premio Merlín no 1998, por Memorias dun raposo.
  • Premio Supernova (1999).
  • Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con Memorias dun raposo
  • Premio Raíña Lupa (2000), por Resalgario.
  • Lucense do Ano (2002).
  • I Premio Literario Frei Martín Sarmiento (Categoría de 11 a 13 anos) no 2004, por Contos de parvos e pillos. I. Con Xosé Miranda.
  • Premio Frei Martín Sarmiento (2005).
  • Premio de Comunicación, da Asociación Cultural María Castaña de Lugo, pola web Galicia Encantada.
  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]