Saltar ao contido

Alfonso Pexegueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Pexegueiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Angoares Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario da literatura galega Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 167192 BNE: XX1719667 Bitraga: 62 AELG: 63 BUSC: pexegueiro-alfonso-1948 Dialnet: 2252275

Alfonso Pexegueiro González, nado en Angoares (Ponteareas) o 19 de abril de 1948, é un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 como fundador do Grupo Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.

Pexegueiro en 2024.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Relatos para salferir (Xerais, 1981), co título El Desert de Nabalpam (Llibres del Mall, 1985)[7], e co título O deserto de Nabalpam (Espiral Maior, 2003).
  • Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos, carpeta co pintor Xosé Freixanes (1988).
  • Desatinos dun maldito (Xerais, 1991).
  • Lapsus (Axóuxere, 2014).

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. En edición bilingüe galego-castelán.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Dados blancos (Caballo de Troya, 2004).
  • Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes (Lumbria, 2023).
  • Rizo y Riza. Un brindis por la duda (Lumbria, 2021).
  1. "Reclamo a palabra exiliada de Alfonso Pexegueiro" Arquivado 06 de outubro de 2022 en Wayback Machine., artigo de Manuel López Foxo en Terra e Tempo, 22 de febreiro de 2011.
  2. Despois incluído na Biblioteca Galega 120.
  3. "A illa das mulleres loucas = L'illa de les dones folles". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
  4. "A illa das mulleres loucas. La isla de las mujeres locas". datos.bne.es. Consultado o 2019-07-04.
  5. Valverde, Alberte (Xaneiro-xuño, 2020). "Cradores do Tea". Grial. LVIII (225, 226): 79–80. ISSN 0017-4181.
  6. "El lago de las garzas azules". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-04.[Ligazón morta]
  7. "El desert de Nabalpam". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]