Andreas Alföldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndreas Alföldi
András Ede Zsigmond Alföldi
Nome orixinal(hu) Alföldi András Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1895
Pomáz, Hungría (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1981
Princeton.
Nova Jersey
Estados Unidos de América Estados Unidos
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHúngara.
Educación Universidade Eötvös Loránd.
Director de teseBálint Kuzsinszky Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEstudos da Roma antiga.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática, arqueoloxía e epigrafía.
Ocupaciónarqueólogo clásico , arqueólogo provincial romano (pt) Traducir , epigrafista , historiador , numismático , historiador da antigüidade clásica , profesor universitario , prehistoriador , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Eötvös Loránd
Universidade de Berna
Universidade de Basilea Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresBálint Kuzsinszky Editar o valor em Wikidata
AlumnosÉva B. Bónis Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara, lingua alemá, lingua inglesa, lingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe(1917): Seidl Emma Anna Gizella.
(1967): Elisabeth Alföldi-Rosenbaum.
ParentesJózsef Deér (en) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Premios
- 1953: Medalla da Royal Numismatic Society.
- 1965: Medalla Huntington (ANS).


András (Andreas) Ede Zsigmond Alföldi, nado o 27 de agosto de 1895 en Pomáz, condado de Pest, e finado o 12 de febreiro de 1981 en Princeton, Nova Jersey, foi un arqueólogo, numismático, epigrafista e historiador húngaro, un dos estudosos máis sobranceiros da Antigüidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xuventude e formación[editar | editar a fonte]

Andreas Alföldi naceu nos derradeiros anos de vixencia do Imperio Austrohúngaro. O seu pai, médico, morreu en 1910, o que motivou que a economía familiar se vise moi limitada, aínda que isto non impediu que Andreas cursase estudos de Ciencias da Antigüidade. Xa neste período de formación, non se limitou ao aproveitamento académico senón que comezou a desenvolver as súas propias investigacións sobre os inicios da moeda antiga, un campo aínda inexplorado no seu país.[2]

A etapa de formación viuse interrompida pola primeira guerra mundial, na que tivo que participar. En 1917 caeu gravemente ferido e obtivo a baixa no exército, cunha condecoración.[2]

Tras a guerra, Alföldi retomou os seus estudos na Universidade Eötvös Loránd, de Budapest, dos que se graduou en 1919 cunha tese titulada Pannoniai agyakminták es vonatkozásaik á császárokra. Coroplastica pannonica e iconografia imperiale, e dirixida por Valentin Kuzisnsky,[3] na que definiu o seu enfoque na investigación sobre a área do Danubio e os Cárpatos.[4]

De feito, a súa atención nos seus primeiros estudos dirixiuse cara á epigrafía e a numismática da área do Danubio, e na súa primeira publicación (1914), unha revisión sobre un traballo numismático anterior, demostrou a súa sólida preparación científica.[5]

Xa desde a súa etapa de estudante e logo das súas primeiras investigacións no Instituto Vienés para a Historia Antiga (Wiener Institut für Alte Geschichte), sorprendeu o profundo coñecemento que Alföldi tiña sobre a moeda da Antiga Roma, tendo en conta que era un asunto inédito na tradición numismática de Hungría.[6] Este coñecemento levouno axiña a ser contratado en 1919 polo gabinete numismático do Museo Nacional Húngaro, en Budapest, onde afondou nos seus estudos sobre numismática.

Etapa húngara (1923-1947)[editar | editar a fonte]

En 1923, Alföldi foi escollido para ocupar a cátedra de Historia Antiga na Universidade de Debrecen, a segunda máis grande de Hungría, e en 1930 converteuse no sucesor de Bálint Kuzsinszky na cátedra de Arqueoloxía Húngara na Universidade de Budapest, á fronte da que Alföldi se labrou un nome como investigador de prestixio. En paralelo á docencia, foi editor das publicacións Numizmatikai Közlöny e Archaeologiai Értesitö, así como da serie editorial Dissertationes Pannonicae.[7]

As súas investigacións non se detiveron durante a segunda guerra mundial, mais ao seu remate, a adhesión de Hungría ao bloque soviético supuxo restricións do novo goberno ao seu traballo, o que supuxo que Alföldi abandonase o país en 1948 e se instalase inicialmente en Suíza, aínda que gran parte do seu material de traballo permaneceu en Hungría.

Suíza e os EEUU (1948-1981)[editar | editar a fonte]

A partir dese momento, Alföldi non regresou nunca a Hungría. Ao esta lonxe das súas fontes habituais, algúns dos seus colegas deron por finalizada a súa carreira científica, mais Alföldi non só continuou nas liñas de investigación que tiña iniciadas, senón que emprendeu outras como a historia dos primeiros tempos da Roma antiga e na caída da República Romana. No seu obituario, Géza Alföldy escribiu: "Iluminou a historia de Roma de inicio a fin como ningún outro estudoso fixera neste século.[8]

En Suíza, no propio 1948 converteuse en profesor de Historia Antiga na Universidade de Berna e en 1952 na Universidade de Basilea, onde puido continuar varios dos proxectos de investigación que xa iniciara en Hungría, en parte polas mellores condicións laborais. Moitos dos seus artigos, que na etapa anterior aparecían en revistas húngaras, pasaron a ser publicados por revistas suízas, como Schweizer Münzblättern. Ademais, de xeito análogo ás Dissertationes Pannonicae, que dirixitra no seu país natal, nesta nova etapa fundou a serie editorial Dissertationes Bernenses.

En 1956 obtivo unha cátedra na School of Historical Studies do Institute for Advanced Study, de Princeton. Nos Estados Unidos non só se lle ofreceron mellores condicións para desenvolver o seu traballo, senón tamén moitas oportunidades de viaxar. Mesmo, cando pasou á condición de profesor emérito, Alföldi permaneceu en Princeton, onde traballou ata a súa morte en varios proxectos, algún dos cales non chegou a concluír.

No ámbito familiar, o 28 de agosto de 1917 casou, en Budapest, con Seidl Emma Anna Gizella.[9] En 1967 casou en segundas nupcias coa arqueóloga Elisabeth Alföldi-Rosenbaum (1911-1992).[10] A súa filla, Emma Alföldi, tamén foi unha figura destacada da historiografía.

Áreas de investigación[editar | editar a fonte]

A Roma Antiga[editar | editar a fonte]

En opinión de Alföldi, a importancia de Roma no período etrusco era menor que nos nas etapas posteriores. El analizou as primeiras estruturas do Estado romano confrontándoas coas dos pobos euroasiáticos, de cabaleiros e pastores. Malia non atopar estas teorías un apoio unánime, os estudosos críticos con el recoñeceron a orixinalidade dos seus argumentos. Xunto coas fontes arqueolóxicas e literarias, Alföldi utilizou tamén o método de comparar as relixións.[8] Nunha etapa posterior, dedicou aos seus críticos o libro Römische Frühgeschichte. Kritik und Forschung seit 1964 (en galego, "Historia temperá de Roma. Crítica e investigación desde 1964), publicado en 1976.[11]

A caída da República romana[editar | editar a fonte]

Os traballos de Andreas Alföldi acerca da caída da República de Roma xiraron arredor da súa tese de que Xulio César quería construír unha monarquía, consonte o modelo da Roma antiga. Creu atopar a proba desta teoría principalmente nunha cuñaxe do ano 44 a. de C.[12]

Alföldi ampliou as súas investigacións sobre este aspecto, cunha compoñente anovadora. Malia as duras críticas, sempre defendeu a figura de César. Do mesmo xeito que Theodor Mommsen, estaba fascinado pola súa personalidade e decepcionado polo que concibía como "oportunismo" de Cicerón. Para el, Cicerón era o instigador ideolóxico do asasinato de César, como resultado dun conflito entre a clase dominante, de formación relixiosa grega, e un César de formación romana.[13]

O seu traballo de 1976 sobre o ascenso de Octaviano (Oktavians Aufstieg zur Macht) baseouse fundamentalmente en fontes literarias.[14] Nesta e noutras obras, Alföldi achega luz non só sobre as motivacións emocionais e relixiosas do comportamento de Octaviano logo da morte de César, senón tamén, por primeira vez, sobre os sólidos aspectos económicos que había detrás.[12]

Estudos sobre o período imperial[editar | editar a fonte]

Dous artigos de Alföldi son considerados como os máis salientables no estudo do Imperio Romano: Die Ausgestaltung des monarchischen Zeremoniells am römischen Kaiserhofe ("O deseño do cerimonial monárquico na corte imperial romana"), de 1934, e Insignien und Tracht der römischen Kaiser ("Insignia e vestiario dos emperadores romanos"), de 1935.[15][16] Nestes amplos artigos descríbense tanto os fundamentos relixiosos como o desenvolvemento e as formas oficiais da ideoloxía dos gobernantes romanos. Alföldi vincula novamente fontes e estudos literarios, numismáticos, epigráficos e arqueolóxicos, e salienta a súa comprensión dos símbolos icónicos antigos e a súa translación ata as pequenas imaxes representadas nas moedas. Como desenvolvemento destes dous artigos, seguiron outros acerca do mundo das ideas e a súa representación no Imperio.[12]

En ausencia de fontes literarias extensas para a historia romana entre mediados e finais do século III, Alföldi recorreu novamente ás fontes numismáticas nas súas investigacións, para o que compilou moito material das coleccións que coñecía. Particularmente salientable foi a súa investigación acerca da ceca de Siscia, coa que, sobre a base das moedas cuñadas alí, chegou a establecer unha nova cronoloxía para ese período. En particular, sinalou que durante a época dos emperadores-soldados os panonianos ocupaban as posicións de liderado. Entre estes, destacou a Galieno como un dos principais emperadores romanos, o que constitúe un novo enfoque na investigación histórica.[12]

A Antigüidade tardía[editar | editar a fonte]

Tamén no campo da Antigüidade tardía Alföldi é considerado como un estudoso destacado, e tamén neste período o seu principal punto de partida foi a numismática. Resulta de particular interese a súa catalogación dos chamados contorniati, cuxo estudo supuxo unha nova fonte ata daquela inexplorada, para a historia das ideas de finais do século IV e principios do V.[12]

Estas investigacións tiveron lugar no transcurso da segunda guerra mundial, o que fai que os seus esforzos sexan máis dignos de recoñecemento. Malia a confusión provocada pola guerra, Alföldi puido obter o material necesario de diferentes museos de Europa e acabar por facer as súas primeiras publicacións sobre este asunto. No seu estudo sobre Valentiniano I demostrou, con todo, que tamén dominaba as fontes literarias.[12]

No estudo da Antigüidade tardía, Alföldi estaba particularmente interesado no período entre Constantino I e a vitoria do cristianismo sobre o paganismo. O seu traballo A Festival of Isis in Rome under the Christian Emperors of the IVth Century (1937), acerca do Navigium Isidi, unha festa na honra da deusa Isis en Roma no período dos emperadores cristiáns do século IV, é considerado como unha obra de referencia.[17]

A organización das conferencias anuais Historia Augusta, que tiveron lugar con regularidade durante vinte anos, tamén contribuíu ao estudo da Antigüidade tardía.[18]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre outras institucións académicas, Alföldi foi membro da Academia de Ciencias de Hungría, membro correspondente da Academia Británica desde 1947, membro da Academia de Baviera desde 1936, membro correspondente da Academia de Gotinga desde 1954 e membro das Academias de Ciencias de Francia.[19][20]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Alföldi é autor de máis de 300 referencias, entre artigos e monografías.[6] Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[23][24]

  • (1924-1926). Der Untergang der Römerherrschaft in Pannonien. De Gruiter, Berlín. Vol. I: 1924; Vol. II: 1926.
  • (1937). Isis-szertartások Rómában a negyedik század keresztény császárai alatt /  A festival of Isis in Rome under the Christian emperors of the 4th century. Institute of Numismatics and Archeology of the Pazmany-Universiy. Budapest
  • (1940). Daci e romani in Transilvania. Franklin, Budapest.
  • (1942). Die Geschichte des Karpatenbeckens im 1. Jahrhundert v. Chr. Archivum Europae Centro-Orientalis, Budapest.
  • (1942-1943). Die Kontorniaten. Ein verkanntes Propagandamittel der stadt-römischen heidnischen Aristokratie in ihrem Kampfe gegen das christliche Kaisertum. Festschrift der Ungarischen numismatischen Gesellschaft zur Feier ihres vierzigjährigen Bestehens. Vol. I: 1942; Vol. 2. 1943. Magyar Numizmatikai Társulat, Budapest.
  • (1944). Zu den Schicksalen Siebenbürgens im Altertum. Budapest.
  • (1948). The Conversion of Constantine the Great and Pagan Rome. Clarendon Press, Oxford.
  • (1952). A Conflict of Ideas in the late Roman Empire. The Clash between the Senate and Valentinian I. Clarendon Press, Oxford
  • (1952). Der frührömische Reiteradel und seine Ehrenabzeichen. Verlag für Kunst und Wissenschaft, Baden-Baden.
  • (1953). Studien über Caesars Monarchie. Gleerup, Lund.
  • (1957). Die trojanischen Urahnen der Römer. Reinhardt, Basilea.
  • (1965). Early Rome and the Latins. University of Michigan Press.
  • (1967). Studien zur Geschichte der Weltkrise des 3. Jahrhunderts nach Christus. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt.
  • (1970). Die monarchische Repräsentation im römischen Kaiserreiche. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt.
  • (1971). Der Vater des Vaterlandes im römischen Denken. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt. ISBN 3-534-04653-6
  • (1973). Die zwei Lorbeerbäume des Augustus. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1266-1
  • (1974). Caesar in 44 v. Chr. Band 2: Das Zeugnis der Münzen. Mit einer Revision der Stempel und Stempelverbindungen. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1212-2
  • (1974). Die Struktur des voretruskischen Römerstaates. Winter, Heidelberg. ISBN 3-533-02287-0
  • (1976-a-). Römische Frühgeschichte. Kritik und Forschung seit 1964. Winter, Heidelberg. ISBN 3-533-02275-7
  • (1976-b-). Oktavians Aufstieg zur Macht. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1360-9
  • (1970-1990). Die Kontorniat-Medaillons (con Elisabeth Alföldi-Rösenbaum). De Gruyter, Berlín. Vol. I: 1976, ISBN 3-11-003484-0; Vol. II: 1990, ISBN 3-11-011905-6
  • (1979). Aion in Mérida und Aphrodisias. von Zabern, Mainz. ISBN 3-8053-0393-9
  • (1984). Caesariana. Gesammelte Aufsätze zur Geschichte Caesars und seiner Zeit. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1859-7
  • (1984). Caesar in 44 v. Chr. Band 1: Studien zu Caesars Monarchie und ihre Wurzeln. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1390-0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christ, K. (1990). Páxina 8.
  2. 2,0 2,1 Christ, K. (1990). Páxinas 8-9.
  3. Alföldi, A. (1919). Pannoniai agyakminták es vonatkozásaik á császárokra. Coroplastica pannonica e iconografia imperiale. En Archaeologiai Értesitö. 38. 1918-1919. Páxinas 1-36.
  4. Christ, K. (1990). Páxinas 9-10.
  5. Recensión de: Árpád Buday (1914). "Római felirattan". En Archaeologiai Értesito. 34. Páxinas 430-431.
  6. 6,0 6,1 Alföldy, G. (1981). Páxina 410.
  7. Christ, K. (1990). Páxinas 10, 13.
  8. 8,0 8,1 Alföldy, G. (1981). Páxina 411.
  9. Rexistro do matrimonio: "602/1917".
  10. Alföldy, G. (1981). Páxina 414.
  11. Véxase (1976-a-) en "Publicacións".
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Alföldy, G. (1981). Páxina 412.
  13. Christ, K. (1990). Páxina 55.
  14. Véxase (1976-b-) en "Publicacións".
  15. Alföldi, A. (1934). "Die Ausgestaltung des monarchischen Zeremoniells am römischen Kaiserhofe". En Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Römische Abteilung. Nº 49. Páxinas 1-118.
  16. Alföldi, A. (1935). "Insignien und Tracht der Römischen Kaiser". En Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Römische Abteilung. Nº 50. Páxinas 1-171.
  17. Véxase (1937) en "Publicacións.
  18. Alföldy, G. (1981). Páxina 413.
  19. "Prof. Dr. Andreas Alföldi". Bayerische Akademie der Wissenschaften.
  20. Holger K. (2001). Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001. Vandenhoeck & Ruprecht, Gotinga. Páxina 25. ISBN 3-525-82516-1
  21. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  22. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  23. "Alföldi, Andreas 1895-1981 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  24. "Alföldi, Andreas 1895-1981". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alföldy, G. (1981). "Andreas Alföldi †". En Gnomon 53. Páxinas 410-414.
  • Christ, K. (1990). "Andreas Alföldi (1895-1981)". En Neue Profile der Alten Geschichte. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt. Páxinas 8-62. ISBN 3-534-10289-4
  • Dennert, M. (2012). "Andreas Alföldi". En Heid, S.; Dennert, M. (eds.). Personenlexikon zur Christlichen Archäologie. Forscher und Persönlichkeiten vom 16. bis zum 21. Jahrhundert. Vol. 1, Schnell & Steiner, Regensburg. Páxina 63. ISBN 978-3-7954-2620-0
  • Institute for Advanced Study (1982). Andrew Alföldi 1895-1981. Princeton.
  • Radnoti-Alföldi, M. (1981). "Andreas Alföldi †". En Historische Zeitschrift 233. Páxinas 781-786.
  • Schefold, K. (1993). "Andreas Alföldi (1895-1981)". En Eikasmós 4. Páxinas 97-98.
  • Richardson, J.H.; Santangelo, F. (2015)(eds.). Andreas Alföldi in the Twenty-First Century. Steiner, Stuttgart. ISBN 978-3-515-10961-1