George MacDonald (numismático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o escritor escocés chamado igual, véxase a páxina de homónimos George MacDonald (escritor)
Infotaula de personaGeorge Macdonalds
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1862
Elgin, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1940 (78 anos)
Edimburgo.
Escocia.
Reino Unido Reino Unido
15º Presidente da Real Sociedade Numismática
1935 – 1936
← Percy H. WebbPercy H. Webb → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica.
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Universidade de Oxford.
Coñecido por- Estudos de moeda grega e romana.
- Estudos da Muralla de Antonino.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónantropólogo , numismático , arqueólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Glasgow Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias en
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargaret Tannahill Younger (1897).
Premios
- (1913) Medalla da RNS.
- (1925) Medalla Huntington de ANS.


George MacDonald, nado o 30 de xaneiro de 1862 en Elgin, Escocia, e finado o 9 de agosto de 1940 en Edimburgo, foi un numismático e arqueólogo británico, especialista en moeda grega e romana, e na Muralla de Antonino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George era fillo de James MacDonald, epigrafista, arqueólogo e mestre na escola de Elgin, e de Margaret Raff.[2][3] Cando o seu pai foi trasladado á escola de Ayr desprazouse toda a familia e alí foi onde George recibiu a súa educación primaria.[3][4]

Na súa xuventude formouse en Alemaña e en Francia, e despois na Universidade de Edimburgo e no Balliol College, da Universidade de Oxford, onde se graduou cun mestrado en 1887.[3][4]

Logo dos seus estudos universitarios, foi profesor de Cultura Clásica na Kelvinside Academy, de Glasgow, e en 1892 comezou a impartir clases de lingua grega na Universidade de Glasgow, como axudante de Gilbert Murray.[3][4]

Na mesma cidade, entre 1892 e 1904 encargouse da catalogación da colección de moeda grega do Museo Hunterian, que en agradecemento o nomeou en 1905 conservador nonorario a título vitalicio.[4]

MacDonald participou en escavacións arqueolóxicas desde 1902, a partir da que tivo lugar no forte romano en Bar Hill, na Muralla de Antonino.[5] Nos seus traballos de campo e nas escavacións caracterizouse por empregar metodoloxía e equipamentos científicos que achegaron novas descubertas á historia británica da época romana.[6] A súa obra The Roman Wall in Scotland (1911, revisada en 1934)[7] resultou moi relevante por reunir nun único volume todos os sitios arqueolóxicos daquela coñecidos na zona.[4][8]

En 1904 MacDonald abandonou o mundo académico para asumir inicialmente o posto de subsecretario do Departamento de Educación de Escocia, e en 1922 foi ascendido a secretario.[4] Entre os seus logros neste terreo destaca por establecer o Leaving Certificate Examination (unha certificación da educación secundaria) e por introducir en Escocia o primeiro plan de xubilación para profesores.[3]

George MacDonald retirouse en 1928.[9] Na súa honra, en 1932 publicouse un volume especial do Journal of Roman Studies (22).[3]

Tumba de George MacDonald no cemiterio Dean de Edimburgo.

Ao longo da súa carreira, MacDonald formou parte de diversas institucións, en ocasións en postos de responsabilidade, entre elas a Real Sociedade de Edimburgo.[9] No período 1921-1926 presidiu a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos, e entre 1935 e 1936 a Royal Numismatic Society. De 1927 a 1930 formou parte da Comisión Real de Museos e Galerías Nacionais. Tamén presidiu a Comisión Real de Monumentos Artísticos e Históricos de Escocia, desde 1934 ata o seu pasamento. De 1933 a 1940 foi o presidente da Sociedade de Anticuarios de Escocia.[3][4]

No relativo á súa vida familiar, casou en 1897 con Margaret Tannahill Younger (1857-1951), con quen tivo tres fillos: George Henry (1899-1899), Isabel Margaret (1900-1927) e James (1902-1960).[2]

Macdonald morreu en Edimburgo o 9 de agosto de 1940, e foi soterrado, xunto coa súa familia, na extensión feita no século XX no cemiterio Dean en Queensferry Road, no oeste da cidade.[3] Legou á biblioteca da Universidade de Edimburgo arredor de 200 libros sobre arqueoloxía clásica.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ademais, MacDondald foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Oxford, de Cambridge, de Glasgow e de Edimburgo.[4]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maxwell, G. S. (1997). "Obituary: Professor Anne Robertson". En Independent. 15 de novembro.
  2. 2,0 2,1 "George MacDonald". Ancestry.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Macdonald, Sir George (1862-1940)". En Oxford Dictionary of National Biography.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Russel, J. (2006) Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine..
  5. Véxase (1906) en "Bibliografía. Monografías".
  6. Breeze, D. J. (2006). The Antonine Wall. John Donald. ISBN 9780859766555
  7. Véxase (1911) en "Bibliografía. Monografías".
  8. "The Wall After the Romans". The Antonine Wall.
  9. 9,0 9,1 Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002. Part two Arquivado 23 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. The Royal Society of Edinburgh. 2006. Páxina 573. ISBN 0 902 198 84 X
  10. "George Macdonald". The University of Edinburgh.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Percy H. Webb

Presidente da Royal Numismatic Society

1935 - 1936
Sucesor:
Percy H. Webb