Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 |
Altona
|
| DISTRITO DE HAMBURGO |
| Escudo |
Mapa |
 |
 |
| Datos |
| Topónimo oficial |
{{{topofi}}} |
| Estado |
Hamburgo |
| Elevación |
20 m |
| Superficie |
77,4 km² |
| Poboación |
245.511 hab.
2008 |
| Densidade |
3172 hab./km² |
| Barrios |
14 barrios |
| Fundación |
1535 |
| Páxina web |
www.hamburg.de/altona/ |
| Política |
| Xefe Administrativo (Bezirksamtsleiter) |
Jürgen Warmke-Rose |
| Partido polítco |
Independente |
Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).
O límite sur de Altona é o río Elba, ao outro lado do río está o estado da Baixa Saxonia e os distritos de Harburg e de Hamburg-Mitte, distrito que tamén limita a Astona polo leste. A fronteira occidental é o estado de Schleswig-Holstein. Segundo a oficina de estatística da zona de Hamburgo Altona en 2008 tiña unha superficie de 77,4 km².
Os barrios (Stadtteile) de Altona son:
| Stadtteile |
| Altona-Altstadt |
| Altona-Nord |
|
| Stadtteile |
| Bahrenfeld |
| Ottensen |
|
| Stadtteile |
| Othmarschen |
| Groß Flottbek |
|
|
| Stadtteile |
| Nienstedten |
| Blankenese |
|
| Stadtteile |
| Iserbrook |
| Sülldorf |
|
| Stadtteile |
| Rissen |
| Sternschanze |
|
[editar] Demografía
En 2008 no barrio de Altona vivían 243.972 habitantes, dos cales 16.4% eran rapaces menores de 18 anos e un 18,6% persoas maiores de 65. O 15.3% proviñan da inmigración, estando 12.545 rexistradas como desempregados. Hai 37 escolas elementais e 30 secundarias en Altona.
A seguinte táboa describe a evolución da poboación no distrito dende 1537. Hai que ter en conta que dende el 1 de abril de 1938 fixo a súa adhesión á cidade de Hamburgo.
Casa do Concello de Altona
Simultaneamente coas eleccións ao Parlamento Estatal (Bürgerschaft), 51 Bezirksversammlung son elixidos coma representantes dos cidadáns.
As últimas elección en Hamburgo foron o 24 de febreiro de 2008. Cinco partidos obtiveron máis dun 5% dos votos, requisito necesario para poder cualificar. Estes cinco partidos foron: o conservador CDU, os socialdemócratas do SPD, os Verdes (GAL), o partido de esquerdas Die Linke e os neoliberais do Freie Demokratische Partei (FDP). A participación foi do 65,2%.
Gráfico dos escanos en Altona
| Partido |
Porcentaxe |
Escanos |
| CDU |
34.6 |
18 |
| SPD |
29.8 |
16 |
| GAL |
18.3 |
9 |
| Die Linke |
9.2 |
5 |
| FDP |
5.9 |
3 |
[editar] Transportes
En Altona atópase a principal estación de ferrocarril do estado, Hamburg-Altona, que conecta o transporte público co rexional, tanto autobuses coma trens. O Bundesautobahn 7 conduce a través do distrito.
De acordo co Departamento de Vehículos a Motor (Kraftfahrt-Bundesamt) en Altona hai 87.131 coches privados rexistrados, o que supón uns 355 automóbiles por cada 1000 habitantes.
|
Distritos de Hamburgo |
|
 |
|
 |
|