Philip Grierson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhilip Grierson
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1910
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 2006 (95 anos)
Cambridgeshire
Reino Unido Reino Unido
22º Presidente da Real Sociedade Numismática
1961 – 1966
← Christopher Evelyn BluntDerek Allen → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
EducaciónUniversidade de Cambridge
Coñecido porEstudo e catalogación da moeda medieval europea e da moeda bizantina.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía
Ocupaciónnumismático , arqueólogo , profesor universitario , historiador , coleccionismo de moedas Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge
Universidade Libre de Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisPhilip Henry Grierson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Roberta Ellen Jane Pope (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
· (1958): Medalla da RNS.
· (1962): Medalla Huntington (ANS).
· (1987): Premio literario AINP.
· (1993): Medalla Gunnar Holst.
· (1997): Medalla Sanford Saltus.
· (1997): Premio da GIG.
· (2005): Premio D. Allen (BA).
Notes


Philip Grierson, nado o 15 de novembro de 1910 en Dublín, Irlanda, e finado o 15 de xaneiro de 2006 en Cambridgeshire, Inglaterra, foi un historiador e numismático británico.[1][2][3]

Grierson foi profesor emérito de numismática en Universidade de Cambridge e membro do Gonville and Caius College, da mesma cidade, ao longo de setenta anos. Durante a súa longa e prolífica carreira académica reuniu a colección de moeda medieval, publicou abundantemente sobre ese asunto e situouno no punto de atención da comunidade científica.[4]

Á parte do exercicio da docencia en Cambridge tamén ocupou diversos postos docentes en Bruxelas e en Washington.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Philip Henry Grierson e Roberta Ellen Jane Grierson, e tivo dúas irmás, Janet e Aileen Grierson. O seu pai era agrimensor e membro da Comisión de Terras de Irlanda e, logo de perder o seu traballo en 1906, pasou a dirixir unha pequena granxa preto de Dublín. Alí gañou boa reputación como financeiro e foi nomeado xerente de diversas compañías. Ademais, co tempo foi formando unha importante colección de caracois de auga doce que posteriormente pasou a formar parte dos fondos do Museo do Ulster, en Belfast.[5]

Grierson estudou no Marlborough College, onde se especializou en ciencias naturais. Como resultado, logrou ser admitido para cursar medicina no Gonville and Caius College de Cambridge, en 1929, e pouco despois cambiou o seu foco de interese cara á historia, disciplina que o ocupou o resto da súa vida. Porén, o seu interese e a súa dedicación ás ciencias deixou nel un fondo coñecemento dos métodos e os principios de materias tan diversas como a estatística, as matemáticas ou a metalurxia, que lle resultou moi valioso tempo despois.[5]

Vida académica[editar | editar a fonte]

O rendemento de Grierson na universidade foi excepcional. Graduouse con matrícula de honra, accedeu a prestixiosas bolsas universitarias e mereceu diversos premios ao rendemento académico. Comezou os seus estudos de posgrao en 1932 centrándose na historia carolinxia, e as súas primeiras publicacións ocupáronse da historia eclesiástica da alta Idade Media.[5]

Logo da obtención dunha bolsa de investigación en 1934, non viu a necesidade de presentar a súa tese de doutoramento, polo que non chegou a recibir ese grao universitario máis que de xeito extraordinario, en 1971.[6]

Grierson continuou ocupando diferentes postos salientables no ámbito universitario, como bibliotecario da universidade (1944-1969), director de estudos históricos ou reitor (1966-1976), ademais da súa actividade como profesor en diferentes graos profesionais, desde 1938 a 1978.[7]

A vinculación docente de Grierson foi coa facultade de historia, que o nomeou profesor axudante en 1938 e titular en 1945. En 1959 pasou a ser profesor lector de numismática e en 1971 profesor titular desa disciplina, actividade que compartiu co ensino da introdución á historia de Europa entre os séculos V e XV.[6]

En diversos momentos foi tamén director da Real Sociedade Histórica (1945-1955), presidente da Real Sociedade Numismática (1961-1966), profesor externo na Universidade de Oxford (1956-1957), e membro da Sociedade de Anticuarios (a partir de 1949), da Academia Británica (a partir de 1958) e da Academia Medieval de América, entre outras institucións.[8][9] En 1968 foi nomeado membro de honra da Sociedade Numismática de Suecia.[10]

Entre outros premios, en 1958 foi galardo coa medalla da Royal Numismatic Society, en 1962 coa medalla Huntington da Sociedade Numismática Americana, polo traballo The foremost medieval numismatist of our time, or indeed perhaps of any time; en 1987 co premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais,[11] e en 1997 coa medalla de ouro Sanford Saltus, da British Numismatic Society, e o Premio de Honra da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG), de Frankfurt. [8][12][13][14][15] En 2005 recibiu tamén o Premio Derek Allen, da Academia Británica.[16]

Coleccionismo numismático[editar | editar a fonte]

A vinculación coa numismática de Grierson produciuse dun xeito casual. Nunha visita á casa familiar no Nadal de 1944 atopou nun caixón do escritorio do seu pai unha moeda bizantina de bronce do emperador Focas, e este achado estimulouno a visitar a empresa de coleccionismo Spink, en Londres, onde adquiriu unhas poucas moedas a modo de material ilustrativo para utilizar nas súas conferencias.[17][18]

Fachada do Museo Fitzwilliam, que alberga a colección de numismática medieval europea de Philip Grierson

Porén, ese suceso espertou en Grierson o interese polo coleccionismo (quizais herdado do seu pai) de tal xeito que ao final do ano seguinte xa tiña 1.500 moedas e a finais de 1946 arredor de 3.500. Co tempo, a súa colección chegou a ter 20.000 pezas, cun valor estimado en varios millóns de libras, e foi a colección máis representativa da moeda medieval europea de todo o mundo. Aínda que a colección residiu no Museo Fitzwilliam durante moitos anos en vida de Grierson, onde se ía enriquecendo con novos exemplares, a súa titularidade non pasou a corresponderlle ao museo ata a súa morte.[17]

En 1982, Grierson procurou financiamento para o proxecto de publicación da súa colección numismática e de aí xurdiu a publicación de Medieval European Coinage, concibido inicialmente con doce volumes nos que se catalogasen definitiva e exhaustivamente as cuñaxes medievais europeas. El mesmo ocupouse da preparación do primeiro volume, aparecido en 1986, centrado nas emisións da Europa occidental entre os séculos V e X, que é o catálogo de referencia para ese período.[19][20][21][22]

O museo Fitzwilliam[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Museo Fitzwilliam.

O crecente interese de Grierson pola numismática levouno a tomar contacto co departamento de moeda do Museo Fitzwilliam (o museo de arte e antigüidades da Universidade de Cambridge), do que chegou a ser nomeado conservador honorario de moedas e medallas en 1949, e síndico da institución ata 1958. Baixo a súa influencia, o departamento de moedas e medallas converteuse nun dos máis activos e cunha investigación máis produtiva do museo. Na súa honra, o museo ten unha sala no seu nome que acolle a que foi a súa colección numismática.[23][24]

Bruxelas e os EEUU[editar | editar a fonte]

A traxectoria académica de Grierson transcendeu a Universidade de Cambridge cando, en 1947, se lle ofreceu a cátedra de Numismática que deixara vacante Victor Tourneur na Universidade Libre de Bruxelas.[25] Ocupou este posto ata a súa xubilación en 1981, para o que pasaba cada ano na capital Belga boa parte das súas vacacións de Nadal e Semana Santa, á parte doutras visitas ocasionais. De feito, durante moitos anos un dos seus intereses foi a moeda medieval dos Países Baixos, e mantivo estreitas colaboracións con outros estudosos numismáticos belgas.[26]

O seu labor nos Estados Unidos empezou nos anos 1953 e 1954, cando Grierson foi chamado como un dos instrutores fundadores da escola anual de verán da Sociedade Americana de Numismática.[27]

Sede da biblioteca Dumbarton Oaks e da colección de moeda bizantina reunida por Philip Grierson

En 1955 foi convidado a ocupar o posto de asesor honorario e conservador da biblioteca de investigación e da colección Dumbarton Oaks en Washington, baixo a administración da Universidade Harvard, onde aproveitou os considerables recursos da institución para construír a mellor colección mundial de moeda bizantina e publicala. A súa obra Catalogue of Byzantine Coins in the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection segue a ser a referencia para o estudo da moeda do Imperio Romano de Oriente.[28]

Xa que logo, nos momentos cume da súa produtividade, Grierson organizábase pasando os períodos de San Miguel, Coresma e parte da Pascua de cada ano en Cambridge, o Nadal e a outra parte da Pascua en Bruxelas, e dous meses do verán en Washington e na Universidade de Cornell.

Grierson xubilouse en 1981 á idade de 70 anos.[26]

Publicacións salientables[editar | editar a fonte]

Medieval European Coinage[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Medieval European Coinage.

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nécrologies: Philip Grierson (15 novembre 1910 - 15 janvier 2006) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Consello Internacional de Numismática.
  2. McKendrick, N. Philip Grierson (obituario). En The Guardian. 18 de xaneiro de 2006.
  3. "Professor Philip Grierson" (obituario). En The Telegraph. 20 de xaneiro de 2006.
  4. "Caius and Cambridge". En A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Museo Fitzwilliam.
  5. 5,0 5,1 5,2 De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 143.
  6. 6,0 6,1 De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 148.
  7. De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 144.
  8. 8,0 8,1 De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 153.
  9. "Presidents of the Society". No sitio web de The Royal Numismatic Society.
  10. "SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
  11. "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
  12. "The Society's Medal". No sitio web de The Royal Numismatic Society.
  13. "Recipients of the Huntington Medal Award". No sitio web da American Numismatic Society.
  14. "Sanford Saltus Gold Medal Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web da British Numismatic Society.
  15. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28. 
  16. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  17. 17,0 17,1 De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 146.
  18. "The Numismatist". En A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Museo Fitzwilliam.
  19. De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 149.
  20. "Medieval European Coinage". En The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
  21. Lafaurie, Jean. "Philip Grierson and Mark Blackburn, Medieval European Coinage with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. 1, The Early Middle Ages (5th-10th centuries)". En Revue numismatique. 31. Páxinas 279-284.
  22. Stal, A. M. (1988). "Philip Grierson and Mark Blackburn, Medieval European Coinage, with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge, 1: The Early Middle Ages (Fifth–Tenth Centuries)". En Speculum 63(4). Páxinas 933-935.
  23. "Profile: Philip Grierson Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web do museo Fitzwilliam.
  24. "The Collector and The Fitzwilliam". En A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Museo Fitzwilliam.
  25. Claes, L. (2016)."Docendo Discimus: The History of Numismatic Education in Belgium...". En Moens, J. (ed.). Colliquium Belgian Numismatics in Perspective. Brussels, 21 may 2016. Société royale de numismatique de Belgique, Bruxelas. Páxina 26.
  26. 26,0 26,1 Spufford, P. (2016). Páxina 193.
  27. "ANS Summer Seminar General Reading List Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  28. "The Bizantinist and Dumbarton Oaks". En A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Museo Fitzwilliam.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Christopher E. Blunt

Presidente da Royal Numismatic Society

1961 - 1966
Sucesor:
Derek Allen