Sebastián Martínez-Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sebastián Martínez-Risco
Nacemento: 19 de xaneiro de 1899
Ourense Galicia Galicia
Falecemento: 24 de setembro de 1977
A Coruña Galicia Galicia
Lingua: castelán galego
Xénero(s): poesía, teatro, romance e ensaio

Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso "O sentimento da Xustiza na literatura galega". En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 - 1977.

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.


Predecesor:
Manuel Casás Fernández
presidente da RAG
1960-1977
Sucesor:
Domingo García-Sabell

Obras [editar]

Poesía [editar]

  • La Tanza negra, 1943.
  • Trébol poético, 1943.
  • La esquina amada, 1943.
  • 14 nadaliñas, Edicións do Castro.
  • Do recuncho amado, 1980.

Ensaio [editar]

  • Presencia da lingua galega, 1973.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Ligazóns externas [editar]