Agrupación Folklórica Aturuxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación Folklórica Aturuxo
Tipoasociación cultural
Data de fundación20 de marzo de 1955
SedeA Coruña
EnderezoAvenida de Hercules, 41, soto. 15002
PaísGalicia
Na rede
https://www.aturuxo.gal
Facebook: aturuxoaf Twitter: aturuxoaf Instagram: aturuxoaf Telegram: aturuxoaf Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
As pandeireteiras de Mens con Manuel Cajaraville, director artístico da agrupación.

A Agrupación Folklórica Aturuxo é unha asociación cultural formada o 20 de marzo de 1955, como continuación das actividades desenvolvidas polo coro Brétemas e Raiolas, disolto o ano anterior. Entre os seus fundadores están Sebastián Martínez Risco (polígrafo e expresidente da Real Academia Galega) e Francisco Vales Villamarín (historiador e exsecretario perpetuo da RAG).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa primeira etapa, a agrupación dedicouse sobre todo a escenificación dos costumes populares. Nesta época o director era Antonio Naveira e a mestra de baile era María Victoria Canedo. Representou obras como Roseira de costumes, A morte do gaiteiro, Lendas e costumes e Noitegas. Deste traballo nacería, a finais dos anos 50, un ballet galego do que formarían parte bailaríns procedentes de Aturuxo.

Nos anos sesenta e comezos dos setenta o grupo centrouse no baile e canto tradicionais. Dirixían o grupo Adolfo Anta Seoane, Ramiro Cartelle e Edilberto Suárez á batuta. Manuel Cajaraville Pensado asumiu máis tarde o cargo de director artístico, dándolle unha maior relevancia ao baile. Levou a cabo unha importante labor de investigación e divulgación, recuperando bailes como o maneo e o fandango, que xa estaban practicamente esquecidos. Nesta mesma etapa incorporouse a Aturuxo un grupo de cantareiras coñecidas como Pandeireteiras de Mens, procedentes de Mens, en Malpica de Bergantiños. Nesa época, a agrupación acadou importantes premios en diversos certames, tales como as xornadas folclóricas de Santiago de Compostela (medalla de ouro) ou Ourense.

Dende o seu nacemento o grupo actuou en toda Galicia, boa parte de España, Francia, Portugal e a Arxentina. Varios dos bailes do seu repertorio, como a Muiñeira de Lañas, o Fandango Muradán ou o Maneo de Mens, forman parte hoxe en día do acervo folclórico galego.

Aturuxo é membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danza. Conta entre os seus membros con varios recoñecementos individuais, como son tres medallas de prata "Marcial del Adalid" ao mérito artístico e unha de ouro (a Manuel Cajaraville), concedidas pola Real Academia Galega de Belas Artes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]