Arenque
O arenque (Clupea harengus) é un peixe da familia Clupeidae.
É un peixe azul, graxo, de corpo alongado e cor azul azul escura no dorso e prateado no ventre. Non presenta manchas oscuras distintivas nin no corpo nin nas aletas. Chega a alcanzar tallas de ata 45 cm [1].
Tanto a aleta dorsal como a anal carecen de espiñas. Opérculo sen estrías e o bordo da abertura das galadas moi arredondado. Mandíbula inferior prominente. É característica unha dobra adiposa no ollo.
Pode confundirse coa sardiña, da que se diferencia por te-los opérculos lisos (na sardiña son estriados) e porque a aleta dorsal sitúase na metade posterior do corpo (na sardiña nace por diante do centro do corpo). Tampouco presenta a quilla prominente típica da sardiña.
Segundo Eladio Rodríguez, chámanse tamén arenques as sardiñas grandes salgadas ou afumadas. Ríos Panisse localiza esta denominación en Sada, Ribeira e na península do Morrazo.
Índice |
[editar] Hábitat
O arenque vive en augas temperadas e pouco profundas, de ata 360 m, do Océano Atlántico e o Mar Báltico.
É unha especie gregaria e forma grandes bancos (cardumes). Adoita pasa-lo día en augas profundas para subir á superficie de noite. Realiza complexas migracións tanto buscando alimento como para a desova. Aliméntase de plancto, formado principalmente por pequenos copépodos.
É de lento crecemiento e alcanza a madureza a idades entre os 3 e os 9 anos. A femia depositan os huevos sobre o sustrato do fondo.
[editar] Pesca
A talla mínima en España é de 20 cm, e a súa captura está sometida ó sistema de cotas para evita-la sobreexplotación.
[editar] Usos culinarios
Resulta unha especie apreciada na cociña, tanto para o seu consumo en fresco como afumado ou mariñado.
O arenque é un dos peixes que poden transmitir Anisakis ó consumidor, tanto polos hábitos alimenticios da especie como polo feito de se consumir pouco cociñado. De feito, a anisaquiase foi diagnosticada por vez primeira nun paciente que presentaba fortes dores abdominais tras comer arenques curados. Van Thiel, en 1955, demostrou a presenza das larvas nos absceso que presentaba no intestino.
[editar] Especies
A taxonomía do xénero Clupea está en discusión. Segundo FishBase admítense cinco especies válidas de arenques:
- Clupea harengus harengus (Linnaeus, 1758) - Arenque do Atlántico
- Clupea harengus membras (Linnaeus, 1761) - Arenque do Báltico
- Clupea pallasii marisalbi (Berg, 1923) - Arenque do Ártico
- Clupea pallasii pallasii (Valenciennes, 1847) - Arenque do Pacífico
- Clupea pallasii suworowi (Rabinerson, 1927) - Arenque chosa
Segundo o ITIS (Sistema Integrado de Información Taxonómica) son só tres as especies válidas:
- Clupea bentincki (Norman, 1936) - Arenque chileno
- Clupea harengus (Linnaeus, 1758)
- Supespecie Clupea harengus harengus (Linnaeus, 1758) - Arenque do Atlántico
- Subespecie Clupea harengus membras (Linnaeus, 1761) - Arenque do Báltico
- Subespecie Clupea harengus suworowi (Rabinerson, 1927)
- Clupea pallasii (Valenciennes, 1847) - Arenque do Pacífico
[editar] O arenque na cultura popular galega
- Parecer un arenque: dicese de quen está moi delgado.
Constantino García [2] recolle en Codeseda a forma arengue.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||