Velocidade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En Física, enténdese por velocidade a variación na posición dun corpo partido por unidade de tempo. No S.I., a velocidade exprésase en m/s (metro/segundo), aínda que tamén é habitual facelo en km/h (quilómetro/hora).
A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.
Fórmulas [editar]
As fórmulas que relacionan a velocidade, son:
| Fórmula | Chave |
|---|---|
cando ![]() |
= velocidade
|
Unidades [editar]
As unidades máis habituais para medir a velocidade son:
- m/s (metros por segundo)
- km/h (quilómetros por hora, por exemplo para automóbiles)
- km/s (quilómetros por segundo, por exemplo para a velocidade de escape)
- mph = MPH (millas por hora, para automóbiles pero en Gran Bretaña ou Estados Unidos)
- c (velocidade da luz, para velocidades moi elevadas)
O valor real desta última é:
- c = 299 792 km/s
- c = 299 792 458 m/s
As relacións máis importantes entre o resto delas son:
- 1 km/s = 3600 km/h
- 1 m/s = 3,6 km/h
- 1 km/h ≈ 0,27778 m/s
- 1 mph ≈ 1,609344 km/h
- 1 km/h ≈ 0,62137 mph
- 1 mph ≈ 0,44704 m/s
- 1 m/s ≈ 2,2369 mph
A seguinte táboa resume tódolos valores:
| km/s | m/s | mph | km/h | |
| para obter km/s multiplicar por | 1 | 0,001 | 0,00044704 | 0,00027778 |
| para obter m/s multiplicar por | 1000 | 1 | 0,44704 | 0,27778 |
| para obter mph multiplicar por | 2236,9 | 2,2369 | 1 | 0,62137 |
| para obter km/h multiplicar por | 3600 | 3,6 | 1,609344 | 1 |
cando 
= velocidade
= vector desprazamento
= tempo transcorrido