Regato
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regato no concello da Capela
Un regato é unha corrente natural de auga que normalmente flúe con continuidade, pero que, a diferenza dun río, ten escaso caudal, que pode incluso desaparecer durante o estío. Os regatos polo común non son navegables, agás para moi pequenas embarcacións cando posúen un leito de tamaño considerable. Por outra parte, un vao é o sitio onde o regato é tan pouco fondo que se pode cruzar a pé ou serve para bañarse.
Ao igual ca os ríos, poden desembocar no mar, nun lago ou noutro río, caso este último no que se convertería nun afluente deste.