Comarca do Ribeiro
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Ribeiro (homónimos).
A comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense, localízase no curso medio do río Miño, que a percorre de norleste a suroeste, e débelle o nome ao viño do Ribeiro. O xentilicio é ribeiro ou reibeira.
[editar] Localización e características
Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 19.655 habitantes (2007), e pertencen a ela os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.
[editar] O Ribeiro na cultura popular galega
- O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Ribeiro
| Concellos da Comarca do Ribeiro | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arnoia |
Avión |
Beade |
Carballeda de Avia |
Castrelo de Miño |
Cenlle |
Cortegada |
Leiro |
Melón |
Ribadavia |
|
|
|||||
