Autódromo Oscar Alfredo Gálvez
| Autódromo Oscar Alfredo Gálvez | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
|
|
|
| Datos | |
| Carreiras | |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´810 km |
| Curvas | 15 |
| Volta rápida (1997) | 1:27.981 |
| Piloto Record | Gerhard Berger |
| Escudería Record | Benetton-Renault |
| Coordenadas | 34°41′39.38″S 58°27′33.65″W / 34.6942722°S 58.4593472°W |
| Vista do Circuíto | |
O Autódromo Oscar Alfredo Gálvez é un autódromo situado na Cidade de Bos Aires, Arxentina. Foi inaugurado en 1952 durante a presidencia de Juan Domingo Perón, grazas á iniciativa de varios corredores arxentinos entre os que se atopaba Juan Manuel Fangio. Debido á súa infraestrutura é coñecida como a Catedral do Automobilismo Arxentino, foi sede en vinte oportunidades do Gran Premio de Arxentina.
Historia [editar]
O autódromo foi construído por iniciativa de varios corredores arxentinos, entre os que se atopaba o gañador do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951, Juan Manuel Fangio. Ante o desenvolvemento do automivilismo arxentino, o goberno do Presidente Juan Domingo Perón decidiu construír o autódromo no sur da Cidade de Bos Aires, nun predio de máis de 200 ha, no barrio de Vila Riachuelo. O autódromo foi inaugurado o 9 de marzo de 1952, baixo o nome de Autódromo 17 de Outubro, en honra á "xornada histórica" de apoio ao entón Coronel Perón.
Para a inauguración foron organizadas tres probas, pero a máis importante foi a realización da Copa Perón na modalidade Fórmula Libre, gañada por Juan Manuel Fangio. Fangio tardou 1:17.19.230 h para cubrir as 30 voltas do circuíto 4 do autódromo, ao mando dunha Ferrari 166FL. En segundo lugar chegou Froilán González co seu Ferrari 166C e terceiro o brasileiro Francisco Landi no seu Ferrari 125C.
En 1953 correuse alí o primeiro Gran Premio de Arxentina, a primeira carreira fóra de Europa, gañado nesa ocasión polo piloto italiano Alberto Ascari, que corría para a Scuderia Ferrari. O corredor arxentino Juan Manuel Fangio tivo que abandonar na volta 36 cando fallou a transmisión do seu Maserati. Durante esa carreira ocorreu un accidente que se cobrou a vida de 9 persoas. Outra Carreira memorable que levouse a cabo en 9 edicións foron os 1000 Km de Bos Aires, que se disputaron entre 1954 e 1972.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no autódromo Oscar Alfredo Gálvez [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Ø-Tempo | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1953 | Ferrari | 3:01:04,600 h | 3,912 km | 97 | 125,736 km/h | 18. Xaneiro | ||
| 1954 | Maserati | 3:00:55,800 h | 3,912 km | 87 | 112,865 km/h | 17. Xaneiro | ||
| 1955 | Mercedes-Benz | 3:00:38,600 h | 3,912 km | 96 | 124,738 km/h | 16. Xaneiro | ||
| 1956 | Ferrari | 3:00:03,700 h | 3,912 km | 98 | 127,748 km/h | 22. Xaneiro | ||
| 1957 | Maserati | 3:00:55,900 h | 3,912 km | 100 | 129,729 km/h | 13. Xaneiro | ||
| 1958 | Cooper-Climax | 2:19:33,700 h | 3,912 km | 80 | 134,547 km/h | 19. Xaneiro | ||
| 1960 | Cooper-Climax | 2:17:49,500 h | 3,912 km | 80 | 136,242 km/h | 7. Xaneiro | ||
| 1972 | Tyrrell-Ford | 1:57:58,820 h | 3,345 km | 95 | 161,607 km/h | 23. Xaneiro | ||
| 1973 | Lotus-Ford | 1:56:18,220 h | 3,345 km | 96 | 165,663 km/h | 28. Xaneiro | ||
| 1974 | McLaren-Ford | 1:41:02,010 h | 5,968 km | 53 | 187,841 km/h | 13. Xaneiro | ||
| 1975 | McLaren-Ford | 1:39:26,290 h | 5,968 km | 53 | 190,855 km/h | 12. Xaneiro | ||
| 1977 | Wolf-Ford | 1:40:11,190 h | 5,968 km | 53 | 189,429 km/h | 9. Xaneiro | ||
| 1978 | Lotus-Ford | 1:37:04,470 h | 5,968 km | 52 | 191,813 km/h | 15. Xaneiro | ||
| 1979 | Ligier-Ford | 1:36:03,210 h | 5,968 km | 53 | 197,580 km/h | 21. Xaneiro | ||
| 1980 | Williams-Ford | 1:43:24,380 h | 5,968 km | 53 | 183,531 km/h | 13. Xaneiro | ||
| 1981 | Brabham-Ford | 1:34:32,740 h | 5,968 km | 53 | 200,731 km/h | 12. Abril | ||
| 1995 | Williams-Renault | 1:53:14,532 h | 4,259 km | 72 | 162,474 km/h | 9. Abril | ||
| 1996 | Williams-Renault | 1:54:55,322 h | 4,259 km | 72 | 160,099 km/h | 7. Abril | ||
| 1997 | Williams-Renault | 1:52:01,715 h | 4,259 km | 72 | 164,234 km/h | 13. Abril | ||
| 1998 | Ferrari | 1:48:36,175 h | 4,259 km | 72 | 169,414 km/h | 12. Abril |
Record: J.M.Fangio (4 Veces)