Colin Chapman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colin Chapman

Anthony Colin Bruce Chapman foi un deseñador, inventor e construtor na industria automobilista. Naceu o 9 de maio de 1928 en Londres e morreu o 16 de decembro de 1982.

Biografía[editar | editar a fonte]

No ano 1952 fundou Lotus, que é unha compañía de automóbiles deportivos. Estudou enxeñería estrutural na University College de Londres, onde se integrou a University Air Squadron e alí aprendeu a voar. Despois da súa graduación, en 1954 acudiu por un pouco tempo a Royal Air Force. Os seus coñecementos das novidosas técnicas da enxeñería aeronáutica foron vitais para alcanzar as mellores técnicas automobilísticas polas cales será recordado. O seu Fórmula One Team Lotus gañou 7 Campionatos Mundiais de pilotos e as 500 millas de Indianapolis entre os anos 1972 e 1978. A liña de produción de Lotus cars foi de varios centos de vehículos. Lotus foi dos grandes construtores, após a decadencia industrial dos anos 70. Chapman morreu dun ataque cardíaco.