Gustav Klimt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gustav Klimt (14 de febreiro 1862 – 6 de febreiro 1918) foi un Pintor simbolista Austríaco e un dos membros máis importantes do movemento do Art Nouveau de Viena. Entre os seus traballos destaca as súas pinturas, murais , bocetos e outros obxectos que están expostos na Galería da Secesión de Viena. O principal suxeito das obras de Klimt foi o corpo da muller, o que fixo que as súas obras estivesen marcadas por un franco erotismo. Os seus numerosos traballos a lapis, constituen o seu maior legado hoxe en día.
Adele Bloch-Bauer I, constitue un record de venda ó costar 135 millóns de dolares no 2006. Neue Galerie, Nova York.
O Bico. 1907–1908. Óleo sobre lenzo. Österreichische Galerie Belvedere.
Mäda Primavesi. 1912. Óleo sobre lenzo. 150 × 110 cm. Metropolitan Museum of Art, Nova York.