Estado de Tirol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karte oesterreich tirol.png
Tirol Wappen.PNG

O Tirol é o nome dunha rexión montañosa que cobre as áreas de Austria e Italia. Hoxe en día coñécese como Tirol a un Estado de Austria occidental. A súa capital é Innsbruck; unha faixa de 10-20 km de Salzburgo separa a unha parte do Tirol, situada no sueste, como resultado da perda da parte sur da rexión (Trentino-Tirol Meridional).

Os 12.648 km² fan do Tirol o terceiro Estado en área; con 673.504 habitantes, é o quinto estado en poboación do país. O estado fai fronteira coa Baviera alemá ao norte e o Trentino-Tirol Meridional (provincia de Bolzano) en Italia ao sur; no oeste está o Vorarlberg. O Tirol Oriental fai fronteira con Italia e Carintia.

O Trentino Tirol Meridional sempre pertenceu a Austria, pero na Primeira Guerra Mundial Italia tomouno como parte do seu territorio. Neste territorio aínda hoxe a maioría da poboación é austríaca e fala alemán, as escolas ensinan o alemán, e a cultura predominante é a xermánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estado de Tirol

Ski Tirol


Flag of Austria.svg Estados de Austria Austria Bundesadler.svg

Flag of Upper Austria (state).svg Alta AustriaFlag of Lower Austria (state).svg Baixa AustriaFlag of Vienna (state).svg VienaBurgenland Landesflagge.PNG BurgenlandFlag of Carinthia (state).svg CarintiaFlag of Styria (state).svg EstiriaFlag of Salzburg (state).svg SalzburgoTirol Dienstflagge (Variation).png TirolFlag of Vorarlberg (state).svg Vorarlberg