Kurt Schuschnigg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Kurt Schuschnigg, nado en Riva del Garda (daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro, actualmente a Italia) o 14 de decembro de 1897, e finado en Mutters (Tirol) o 18 de novembro de 1977, coñecido como Kurt von Schuschnigg, foi un político austríaco.
En 1934 sucedeu como chanceler a Engelbert Dollfuss tralo seu asasinato. En 1938, foi apreixado polos nazis no Anschluss.