Wachau
|
||
|
|
||
Abadía de Melk |
||
| Inscrición: | 2000 | |
| País: | Austria | |
| Localización: | Europa | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | (ii) (iv) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Wachau é unha rexión austriaca, composta dunha paisaxe montañosa atravesada polo val do río Danubio. Posúe aproximadamente 30 km de lonxitude, quedando comprendida entre as cidades de Melk e Krems no estado de Baixa Austria, situado a aproximadamente 80 km de Viena. É un dos principais destinos turísticos de Austria, sendo recoñecido como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
A rexión de Wachau é recoñecida polo cultivo de uvas e albaricoqueiros, ambos usados para a fabricación de viños e licores.
As súas principais atraccións son o Mosteiro de Melk, o centro histórico de Krems, e a aldea de Dürnstein, onde se atopan as ruínas dun castelo onde o Rei de Inglaterra, Ricardo Corazón de León, foi feito prisioneiro polo Duque Leopoldo V de Austria durante o seu regreso da Terceira Cruzada.