Chaira panónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaxe da Chaira Panónica en Hungría.
Paisaxe da Chaira Panónica preto de Novi Sad, Serbia.

A chaira panónica é unha gran chaira de Europa Central orixinada tras a desecación durante o Plioceno do Mar Panonio. O río Danubio divídea aproximadamente pola metade e é un subsistema xeomorfolóxico do sistema Alpes-Himalaia.

Características[editar | editar a fonte]

A chaira está aproximadamente limitada polos Montes Cárpatos, os Alpes, os Alpes Dináricos e os Balcáns. Pola gran lonxitude da fronteira cárpata, tamén pode referirse a ela como a conca cárpata (sobre todo en textos húngaros). A conca forma unha discreta unidade topográfica na paisaxe europea, rodeada por impoñentes fronteiras xeográficas que crearon unha zona cultural de semellantes características. Estas semellanzas son máis patentes no sur e no leste.

As precipitacións, habituais aínda que non abundantes, converten á zona en propicia para a agricultura, mesmo chegouse a dicir que os seus campos poderían abastecer a toda Europa. Para os primeiros poboadores, a chaira ofrecía poucas fontes de metais ou pedra. Desta forma, cando os arqueólogos atopan obxectos de obsidiana, cobre ou ouro, é-lles posible obter información moi valiosa acerca das antigas rutas comerciais.

Historia[editar | editar a fonte]

A chaira foi nomeada así polos panonios, que habitaban ao norte das tribos ilirias . Varios pobos diferentes han habitado a zona ao longo da historia. No século I a.C., as partes orientais da chaira pertenceron a Dacia, e no século I as parte occidentais foron incluídas no Imperio romano. Estableceuse nesta área a provincia romana chamada Pannonia, e a cidade de Sirmium foi unha do catro capitais do Imperio romano no século III.

No eríodo das grandes migracións e a comezos da Idade media, a rexión formou parte do imperio huno, o reino dos xépidos, o reino dos ostrogodos, o reino dos longobardos, o dos ávaros de Eurasia, o estado eslavo de Samo, o imperio búlgaro, o imperio franco, a Gran Moravia, o Principado Pannonio, e a Croacia pannonia.

O reino de Hungría, establecido no ano 1000 polos maxiares, estaba centralizado ao redor da chaira e incluíaa case toda (como a que formou o reino ávaro). Tras a Batalla de Mohács en 1526 as partes central e leste da chaira foron incluídas dentro do imperio otomán, e os restos do reino de Hungría ao noroeste uníronse á monarquía dos Habsburgo, que a chamaron reino de Hungría. As unidades administrativas que o imperio otomán organizou na chaira foron a Eyalet de Budim, a Eyalet de Egri, a Eyalet de Sigetvar e a Eyalet de Temeşvar. As partes orientais da chaira pertenceron ao semindependiente Principado de Transilvania, que estaba baixo soberanía otomá.

A chaira panónica converteuse desta forma no escenario do enfrontamento de dous imperios. Ao final do século XVII os Habsburgo derrotaron aos otománs, anexionándose a maioría da chaira. As unidades administrativas dos Habsburgo na chaira eran o reino de Hungría, o Banato de Temeswar, as Fronteiras Militares, o reino de Croacia e o reino de Eslavonia.

A monarquía dos Habsburgo converteuse no Imperio Austríaco (en 1804) e máis tarde, en 1867, no Imperio Austrohúngaro. A maior parte da chaira estaba situada dentro da parte de Austria-Hungría, mentres que todas as outras posesións dos Habsburgo na chaira estiveron integradas no reino de Hungría até 1882. O reino autónomo de Croacia-Eslavonia, unha das Terras da Coroa de Santo Estevo, comprendía as zonas suroccidentais da chaira. Dende 1918, a rexión foi dividida entre Hungría, Romanía, Checoslovaquia, Austria, e o reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (nomeado Iugoslavia en 1929).

División[editar | editar a fonte]

A chaira de Pannonia está dividida en dous partes ao longo das Montañas Medias Transdanubianas (en húngaro: Dunántúli-középhegység). A parte noroeste é chamada Chaira Panónica Occidental (ou provincia) e a parte sueste Chaira Panónica Oriental (ou provincia).

Mar Panonio[editar | editar a fonte]

O precursor da actual chaira foi un mar superficial que acadou unha ampla extensión durante o Plioceno, depositando de 3 a 4 km de sedimentos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]