Ramón Otero Pedrayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Otero Pedrayo")
Ramón Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo na mesa presidencial do Aberri Eguna de 1933, en Donostia.
Nacemento: 5 de marzo de 1888
Ourense Galicia Galicia
Falecemento: 10 de abril de 1976
Ourense Galicia Galicia
Lingua: Galego castelán
Xénero(s): Poesía, novela, ensaio
Cónxuxe(s): María Josefa Galán Bustamante
Nota(s): Día das Letras Galegas no 1988.

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu nunha familia fidalga, fillo do médico e deputado Henrique Otero Sotelo, e de Eladia Pedrayo Ansoar. Estudou o bacharelato na súa cidade natal, e matricúlase en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, onde lle dá aulas Armando Cotarelo Valledor. Abandona os estudos e fai unha viaxe co seu tío polo mar do Norte.

En 1905 marcha a Madrid a estudar Dereito e retomar Filosofía e Letras. Tras licenciarse en 1911 regresa a Ourense. No ano 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. En 1919 gañou a cátedra de Xeografía e Historia por oposición, sendo destinado a Santander, Burgos e en 1921 a Ourense.

En 1920 foi un dos fundadores da revista Nós. Colaborou de forma activa co Seminario de Estudos Galegos.

En 1931 fundou o Partido Nazonalista Republicano, sendo elixido deputado nas Cortes da Segunda República Española. En decembro dese ano o partido unificouse xunto con outras frontes nacionalistas no Partido Galeguista. Neste este partido defendeu a aprobación do Estatuto de 1936, pero enfrontouse ás voces máis vinculadas á esquerda.

No verán de 1937, Durante a guerra civil española, foi deposto da súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá. Nos anos seguintes viviu no seu pazo de Trasalba, retirado da vida política.

En 1947 viaxa a Bos Aires convidado polo Centro Galego, reencontrándose con Castelao. En 1948, xa con 60 anos, é reposto na súa cátedra. En 1950 acada a cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago. Nese mesmo ano foi dos fundadores da Editorial Galaxia, sendo presidente do consello de administración.

Hoxe a Fundación Otero Pedrayo e mais a Fundación Penzol gardan a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa-museo de Trasalba. Foi soterrado no Cemiterio de San Francisco (Ourense).

Obra [editar]

Pazo-museo en Trasalba.

Considerado o "Patriarca das letras galegas", pertenceu á Xeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.

Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida e O mesón dos Ermos, descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido "autobiográfico" Arredor de si complétase cos artigos "Dos nosos tempos", de Florentino López Cuevillas, e mais con Nós, os inadaptados de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós.

Na súa obra destaca o influxo do antropónimo Adrián. O autor, que nacera o día 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os Camiños da Vida).

Obra en galego [editar]

Pazo de Reboreda, no que naceu Xoán Manuel Pereira, a quen Pedrayo inmortalizou na obra O Señorito da Revoraina.

Narrativa [editar]

Teatro [editar]

  • A lagarada (1928, Nós).
  • Teatro de máscaras (1934).
  • O desengano do prioiro (1952).
  • O fidalgo e a noite (1970, publicado en 1979 nos Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Noite compostelá (1973).
  • Rosalía (1985, Galaxia, escrito en 1959).

Ensaio [editar]

Poesía [editar]

Obras colectivas [editar]

  • Ensaio sobor da paisaxe galega, en Paisaxe e cultura (ensaio, 1955, Galaxia).

Obras sobre o autor [editar]

  • Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacemento (1958, Galaxia).

Obra en castelán [editar]

Ensaio [editar]

  • Guia de Galicia (1926).

Narrativa [editar]

  • Las palmas del convento (1941).
  • Vida del Doctor Don Marcelo Macías y García (1943).
  • Adolescencia (1944).
  • La vocación de Adrián Silva (1949).

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Bibliografía [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Francisca Herrera Garrido
Día das Letras Galegas
1988
Ramón Otero Pedrayo
Sucesor:
Celso Emilio Ferreiro