Funeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Funeral oficiado en Sanok, Polonia, no 2007

Un funeral é a cerimonia que acompaña e honra a morte dunha persoa. Iniciáronse na prehistoria e cada cultura ten os seus propios ritos asociados, normalmente segundo a relixión da familia do que morreu.

Características[editar | editar a fonte]

Hai diversos elementos que caracterizan un funeral:

  • o enterro ou cremación do cadáver
  • os cantos e himnos aos deuses ou á vida (nos últimos tempos é habitual que sexan substituídos por cancións consideradas bonitas ou cun sentido especial para o morto)
  • o loito dos máis achegados, que se manifesta en signos externos.
  • o lembranza do que foi a vida do morto (xacando materializábase mediante o enterro dos obxectos que tiñan un especial valor para o finado)
  • a invocación ao máis alá (caso de haber unha crenza relixiosa) ou a pregaria para que a alma descanse en paz

Os funerais teñen lugar en igrexas, cemiterios, parques ou centros axeitados para o velorio, segundo a cultura. Trátase de lugares públicos e sagrados, co gallo de socializar a experiencia da morte e desenvolver os ritos mortuorios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]