Premios da Cultura Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse rodeados de polémica[1] por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.

Categorías[editar | editar a fonte]

Os premios distribúense en sete categorías[2]:

Premios[editar | editar a fonte]

Letras Artes Plásticas Artes Escénicas Iniciativas en prol

do Patrimonio Cultural

Promoción Cultural (2010-2013) Proxección Exterior (2013--) Música Creación Audiovisual Lingua
2010 Agustín Fernández Paz (renunciou ao galardón)[3][4] Menchu Lamas Eduardo Alonso Fundación Barrié de la Maza Editorial Galaxia Orquestra Sinfónica de Galicia Vaca Films
2011 Arcadio López Casanova Manolo Paz Quico Cadaval Fundación Aquae Querquennae Via Nova Carlos Núñez Rogelio Groba María Pujalte
2012[5] Salvador García-Bodaño Manuel Quintana Martelo Grupo de Teatro Airiños (non recolleu o premio)[6] Fundación Eduardo Pondal Asociación Internacional de Estudos Galegos (non recolleu o premio)[7] Manuel Rodeiro Miguel Anxo Fernández Fernández
2013[8] Luz Pozo Garza Fundación Granell Asociación Abrente - Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Museo Castro de Viladonga Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires Juan Durán Bambú Producciones Asociación Punto Gal
2014[9] Xosé Neira Vilas Galería Trinta Cándido Pazó Grupo Marcelo Macías Centro Pen Galicia Festival de Ortigueira Agapi David Mackenzie
2015[10] Fina Casalderrey Miguelanxo Prado María Bouzas Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Kathleen Nora March Coro Toxos e Froles Ignacio Vilar CGENL (renunciaron ao galardón)[11]
2016 María Xosé Queizán Miguel Fernández-Cid Sarabela Teatro Museo de Pontevedra Elena Zernova Maximino Zumalave NUMAX Irmandade Xurídica Galega
2017[12] Xohana Torres Berta Álvarez Cáccamo Mabel Rivera Fundación Rosalía de Castro Cristina Pato Uxía Senlle Óliver Laxe Proxecto Apego
2018[13] Xosé María Álvarez Cáccamo Luz Darriba Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT O Sorriso de Daniel Ramón Villares A Roda Festival de Cans Antón Santamarina
2019[14] Xesús Alonso Montero Soledad Penalta Os Monicreques de Kukas Restauración do Pórtico da Gloria Galego en Londres Amancio Prada O sabor das margaridas Pilar Ponte
2020[15] Ledicia Costas Xurxo Lobato Federación de Teatro Afeccionado de Galicia Fundación Penzol Ildiko Szijj Central Folque Chema Prado Xosé González Martínez
2021[16] Bernardino Graña Antón Pulido Nova Danza Galega Mosteiro de San Pedro de Rocas Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FSG) Natalia Lamas Zaza Ceballos Dígocho eu
2022[17] Marica Campo María Victoria Carballo-Calero Melania Cruz Xacarandaina Programa ConCiencia Música en Compostela Xosé Ramón Gayoso Manuel González González
2023[18] Yolanda Castaño Museo do Gravado de Ribeira PistaCatro Eduardo Pardo de Guevara Galego sen fronteiras Banda Unión de Guláns Portocabo Ponte... nas ondas!

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sen cartos pero con polémica, El País, 26 de novembro de 2010.
  2. 2,0 2,1 A Xunta crea os Premios da Cultura Galega Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 5/10/2010.
  3. Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores. Agustín Fernández Paz rexeitou o galardón pola política lingüística da Xunta, Culturgagalega.gal, 17 de novembro de 2010.
  4. Comunicado do autor no que remite á argumentación exposta pola asociación ProLingua, que reclamaba o compromiso de non aceptar ningún premio “hipotecado pola agresión á mesma cultura que finxe reivindicar”.
  5. "Premios da Cultura Galega 2012". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  6. Airiños tampouco recolle o Premio da Cultura Galega, Sermos Galiza, 21 de febreiro de 2013.
  7. A AIEG non asistirá aos Premios da Cultura Galega en apoio aos traballadores das artes escénicas, Praza Pública, 20 de febreiro de 2013.
  8. "Premios da Cultura Galega 2013". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  9. "PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2014". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  10. "Premios da Cultura Galega 2015". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  11. Equipos de Normalización Lingüística rechazan el Premio da Cultura Galega, Europapress, 21 de novembro de 2015 (en castelán). Os equipo argumentaron o seu rexeitamento na"coherencia", por proviren os premios dun goberno que "ignorou" as súas demandas e emprega unha "falsa retórica" na defensa da lingua galega.
  12. "Premios da Cultura Galega 2017". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  13. "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018. 
  14. "PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2019". www.cultura.gal. Consultado o 2023-03-17. 
  15. "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05. 
  16. Galicia, Xunta de (2021-11-02). "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, ‘Dígocho eu’, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-03. 
  17. Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04. 
  18. Galicia, Xunta de (2023-10-16). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas!: consulta aquí todos os galardoados". Nòs Diario. Consultado o 2023-10-17.