Agustín García Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín García Calvo durante a charla-coloquio ofrecida no Antigo Teatro Cómico Principal de Córdoba o 19 de maio de 2008.

Agustín García Calvo, nado en Zamora o 15 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 2012[1], foi un gramático, poeta, dramaturgo, ensaísta, tradutor e filósofo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Filoloxía Clásica na Universidade de Salamanca, onde estudou coa primeira promoción de alumnos do mestre da filoloxía clásica española, Antonio Tovar. Doutorouse en Madrid aos 22 anos cunha tese titulada Prosodia y métrica antiguas. En 1951 exerceu como profesor catedrático de instituto.[2] En 1953 ocupou unha cátedra de linguas clásicas en Sevilla e en 1964 en Madrid, na Universidade Complutense, ata que a ditadura franquista o separou da cátedra madrileña en 1965 xunto a Enrique Tierno Galván, José Luis López-Aranguren e Santiago Montero Díaz por prestar o seu apoio ás protestas estudantís.[3] José María Valverde e Antonio Tovar renunciaron ás súas cátedras voluntariamente como protesta contra esta medida. García Calvo exiliouse en París, onde foi profesor na Universidade de Lille e no Collège de France. Tamén traballou como tradutor para a editorial Ruedo Ibérico. Na capital francesa coordinou un Parladoiro Político no café La boule d'or do Barrio Latino. En 1976 foi restablecido na súa cátedra, na que permaneceu ata a súa xubilación en 1992. É profesor emérito da UCM.

Formou parte do Círculo Lingüístico de Madrid xunto con Rafael Sánchez Ferlosio e Carlos Piera.

Como filólogo fixo importantes contribucións á lingüística xeral, a prehistórica ou indoeuropea, a grecolatina e á do espofcont ("español oficial contemporáneo"). A súa teoría xeral sobre a linguaxe aparece desenvolvida na triloxía formada por Del lenguaje, De la construcción (Del lenguaje II) e Del aparato (Del lenguaje III) e nos artigos recopilados no volume Hablando de lo que habla. Estudios de lenguaje (Premio Nacional de Ensaio de 1990). En 2009 publicouse a súa triloxía Elementos gramaticales, concibida como libro de texto para iniciar na gramática a adolescentes.

As súas obras máis destacadas no ámbito do pensamento son: Lecturas presocráticas, Lecturas presocráticas II. Razón común. Edición crítica, ordenación, traducción y comentario de los restos del libro de Heráclito, Contra el tiempo, De Dios e Contra la Realidad.

Como poeta publicou, entre outras, Canciones y soliloquios, Más canciones y soliloquios, Del tren (83 notas o canciones), Libro de conjuros, Ramo de romances y baladas, Sermón de ser y no ser, Valorio 42 veces, Relato de amor ou 4 canciones de amor perdido y el cínife. É autor de varias pezas dramáticas como Ismena, Rey de una hora e Baraja del rey don Pedro (pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática de 1999).

Tamén editou varias series de artigos e colaboracións periodísticas que recollen diversos ataques contra aspectos da sociedade actual, tales como Contra la Familia, Contra la Pareja, Contra la Paz, Contra la Democracia, Análisis de la Sociedad del Bienestar, Noticias desde abajo e Que no, que no.

Por encargo do primeiro presidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina, escribiu o Himno da Comunidade, polo prezo simbólico dunha peseta.

Fernando Savater foi nos setenta o seu discípulo e tiña pensado elaborar con el unha tese de doutoramento, que nunca chegou a rematar.[4] Sen embargo, posteriormente as súas posturas diverxen radicalmente. Como escribe Savater na súa autobiografía, «fue fundamental en mi devenir intelectual y moral encontrarle, no menos que luego despegarme de él».[5]

Outros intelectuais españois interesados nalgún momento polo pensamento de García Calvo son Félix de Azúa (que tomou del a expresión "medios de formación de masas"[6] y le ha dedicado varias de sus obras poéticas)[7] e Javier Marías.[8] Sinalouse tamén a súa influencia sobre os últimos libros do poeta Miguel Ángel Velasco.[9]

Na última etapa da súa vida coordinou na Parladoiro Político no Ateneo de Madrid.

A obra poética de García Calvo inspirou varias versións musicais, como as de Amancio Prada ou Chicho Sánchez Ferlosio.

Morreu o 1 de novembro de 2012 en Zamora, debido a unha insuficiencia cardíaca.[1]

Pensamento político[editar | editar a fonte]

Nas súas obras e intervencións tratou de dar voz a un sentir anónimo, popular, que rexeitaba os manexos do Poder. Esencial nesa loita é a denuncia da Realidade, unha idea que se presenta como reflexo fiel de «o que hai», cando de feito é unha construción abstracta, na que as cosas son reducidas pola forza a ideas. Dese modo matase canto poda haber nas cousas de impredecibel e infinito, e resulta posíbel sometelas a plans, esquemas e manexos. A xente, un caso máis de cousa, queda organizada deste modo en Individuos, sometidos a unha dobre esixencia contraditoria: cada un ten que ser individual, e sen embargo todos teñen que ser sumables nunha Masa numérica. Por fortuna, esta organización deixa sempre cabos soltos: ao que poida quedar na xente de ocorrencias imprevisíbeis, non sometidas a plan nin cálculo, refírese García Calvo como «o pobo».

O progreso do Poder chega á súa cúspide nas sociedades democráticas, compostas por Masas de Individuos. Dado que o plan do Progreso é introducir este sistema en todas partes, a loita popular debe dirixirse contra a Democracia, por ser esta o réxime que administra a morte (dado que o único certo do futuro é a morte, anticipar este —como fai o Poder— con plans ou propósitos constantes é acercar a morte para desvivir a vida) do pobo nas sociedades máis avanzadas. A pervivencia de formas máis atrasadas de dominio (como as ditaduras comunistas ou as dos países musulmáns) serve para lexitimar, por comparación, a Democracia burguesa, e debe considerarse por tanto un "trampantojo".

Esencial para o Poder e a Realidade é a figura de Deus; que, despois de tomar moitos nomes, como o de Home, na súa forma máis moderna ou progresada presentase co nome de Diñeiro: unha idea omnipresente á que todas as cousas son reducíbeis (todo ten un prezo). A relixión deste novo Deus é a Ciencia, cuxa misión esencial é manter actualizada a idea de Realidade e convencer aos Individuos de que todo está baixo control: hai coñecemento seguro de todo, ou haberao co tempo. Sen embargo, a investigación dos científicos, en especial á dos físicos, na medida en que é honesta, non deixa de presentar indicios da resistencia das cousas á súa redución a ideas.

Na Democracia, o Estado e o Capital son dous rostros da mesma cousa. A loita popular debe dirixirse contra ambos, sen converterse nunca nunha reivindicación (que supón recoñecer lexitimidade ao Poder) nin unha alternativa de goberno (que non faría máis que contribuír ao progreso do Poder). Esta loita non é individual (pois o Individuo, construído a imaxe e semellanza do Estado, é esencialmente reaccionario e constitúe o primeiro inimigo do pobo), senón da xente, do que quede de pobo, por debaixo dos Individuos e en contradición con estes.

Respecto dos nacionalismos, sinala García Calvo que parten da conversión do pobo indefinido e inmanexábel nunha idea (os pobos) manexábel e submisa ao Poder.

A linguaxe ten un papel destacado na opresión do pobo, pero tamén na súa rebelión. As palabras con significado das linguas configuran a Realidade, distinta para cada tribo. Na medida en que a linguaxe contribúe a crear a ilusión de que sabemos todo o que hai e como chamalo e manipulalo, constitúe un arma contra o pobo. Sen embargo, no uso común das palabras prodúcense continuamente vislumbres que apuntan ao contrario (a que non sabemos o que hai, nin a Realidade cubre todo o que se da), e nese sentido a linguaxe, que calquera pode usar pero que non é de ninguén, é a expresión popular por excelencia.

Exemplos concretos da loita contra a Realidade podémolos encontrar no ataque ao automóbil (vehículo individual por excelencia) e a defensa do tren; na loita contra a concepción de que "Facenda somos todos"; ou na decisión de "escribir como se fala", fronte ao uso pedante da linguaxe por parte de eruditos, funcionarios e xornalistas.

Premios[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

Gramática e teoría da linguaxe[editar | editar a fonte]

  • Pequeña introducción a la prosodia latina (Madrid: Sociedad de Estudios Clásicos, 1954).
  • Lalia, ensayos de estudio lingüístico de la sociedad (Madrid: Siglo XXI, 1973).
  • Del ritmo del lenguaje (Barcelona: La Gaya Ciencia, 1975).
  • Del lenguaje (I) (Zamora: Lucina, 1979; 2 ªed correg. 1991).
  • De la construcción (Del lenguaje II) (Zamora: Lucina, 1983).
  • Del aparato (Del Lenguaje III) (Zamora: Lucina, 1999).
  • Hablando de lo que habla. Estudios de lenguaje (Premio Nacional de Ensayo 1990) (Zamora: Lucina, 1989; 2ª ed. 1990; 3ª ed. 1990; 4ª ed. 1993).
  • Contra la Realidad, estudios de lenguas y cosas (Zamora: Lucina, 2002).
  • Es. Estudio de gramática prehistórica (Zamora: Lucina, 2003).
  • Tratado de Rítmica y Prosodia y de Métrica y Versificación (Zamora: Lucina, 2006).
  • Elementos gramaticales, 3 t. (Zamora: Lucina, 2009).

Lóxica[editar | editar a fonte]

  • De los números (Barcelona: La Gaya Ciencia, 1976).

Traducións e versións de autores clásicos gregos e romanos[editar | editar a fonte]

  • Aristófanes, Los carboneros (Akharneís). Versión rítmica de A. García Calvo (Zamora: Lucina, 1981; 2ª ed. 1998).
  • Heráclito, Razón común (Lecturas presocráticas II). Edición, ordenación, traducción y comentario de los restos del libro de Heráclito (Zamora: Lucina, 1985).
  • Homero, Ilíada. Versión rítmica de Agustín García Calvo (Zamora: Lucina, 1995).
  • Jenofonte, Memorias de Sócrates, Apología, Simposio (tradución, introdución e notas) (Madrid: Alianza Editorial; 1967, Salvat editores, 1971).
  • Lecturas presocráticas (Zamora: Lucina, 1981: 3.ª ed. coa tradución e comentario de Parménides renovados, 2001).
  • Lucrecio, De Rerum Natura / De la Realidad. Edición crítica e versión rítmica de A. García Calvo (Zamora: Lucina, 1997).
  • Plauto, Pséudolo o Trompicón (tradución rítmica, introdución e notas) (Madrid: Cuadernos para el Diálogo, 1971).
  • Platón, Diálogos Socráticos, Apología, Teages, Los enamorados, - Cármides, Clitofonte (tradución, introdución e notas) (Barcelona: Salvat Editores, 1972).
  • Poesía antigua (De Homero a Horacio) (Zamora: Lucina, 1992).
  • Sócrates (en Enciclopedia Universitas, t.II, fasc.30), (Barcelona: Salvat Editores, 1972).
  • Sófocles, Edipo Rey. Versión rítmica de A.García Calvo (Zamora: Lucina, 1982; 2ª ed. 1988; 3ªed. 1993).
  • Virxilio (estudio biográfico e versión rítmica das Bucólicas do libro IV das Geórgicas e do libro VI da Eneida) (Madrid: Ediciones Júcar, 1976).

Outras traducións e versións[editar | editar a fonte]

  • Sem Tob, Glosas de sabiduría o proverbios morales y otras rimas (texto crítico, versión, introdución e comentario) (Madrid: Alianza Editorial, 1974).
  • Marqués de Sade La filosofía en el "boudoir" (tradución e nota por Agustín García Calvo, ilustracións de Bartoli. "Libros Buen Amor Loco Amor"). Ruedo Ibérico, París, 1975 (reed. Zamora: Lucina, 1980: 2.ªed. 1988. Título nas edicións zamoranas: Instruir deleitando o Escuela de amor).
  • Shakespeare, William, Sonetos de amor (texto crítico, tradución en verso, introdución e notas) (Barcelona: Anagrama, 1974).
  • Shakespeare, William, Sueño de noche de verano (Zamora: Lucina, 1980: 2.ª ed. 1988: 3.ªed. 1993).
  • Shakespeare, William, Macbeth. Versión rítmica de A. García Calvo. (Zamora: Lucina, 1980).
  • Georges Brassens. 19 Canciones. Con versión para cantar de A. García Calvo (Zamora: Lucina, 1983).
  • Belli, Giuseppe-Gioachino, 47 sonetos romanescos con las versiones de Agustín García Calvo (Zamora: Lucina, 2006).
  • Valéry, Paul, Le Cimetière Marin / El Cementerio Marino con la versión rítmica de Agustín García Calvo (Zamora: Lucina, 2006).

Ensaio e política[editar | editar a fonte]

  • Apotegmas a propósito del marxismo (París: Ruedo Ibérico, 1970).
  • Manifiesto contra el despilfarro (Madrid: Banda de Moebius, 1977).
  • ¿Qué es el Estado? (Barcelona: La Gaya Ciencia, 1977).
  • Actualidades (Zamora: Lucina, 1980).
  • Cartas de negocios de José Requejo (Zamora: Lucina, 1981).
  • Historia contra tradición. Tradición contra Historia (Zamora: Lucina, 1983; 2ª ed. 1998).
  • Familia: la idea y los sentimientos (Zamora: Lucina, 1983; 2ª ed. 1992).
  • El amor y los 2 sexos. Del tiempo de amor y olvido (Zamora: Lucina, 1984: 2.ª ed. 1991).
  • De la felicidad (Zamora: Lucina, 1986; 2.ª ed. 1989; 3ª ed- 1991, 4ª ed. 2000).
  • De los modos de integración del pronunciamiento estudiantil (Zamora: Lucina, 1987).
  • Noticias de abajo (Zamora: Lucina, 1991; 2.ª ed. 1991; 3ª ed. 1995).
  • Contra la Paz. Contra la Democracia (Barcelona: Editorial Virus, 1993).
  • Contra el Tiempo (Zamora: Lucina, 1993; 2ª edición 2001).
  • Análisis de la Sociedad del Bienestar (Zamora: Lucina, 1993: 2ª ed. 1995).
  • Contra la Pareja (Zamora: Lucina, 1994: 2ª ed. 1995).
  • Contra el hombre (con dous epílogos de Isabel Escudero) (Madrid: Fundación de Estudios Libertarios, Anselmo Lorenzo, 1996)
  • De Dios (Zamora: Lucina, 1996).
  • Locura. 17 casos (Zamora: Lucina, 1997).
  • De mujeres y de hombres (Zamora: Lucina, 1999).
  • 37 adioses al mundo (Zamora: Lucina, 2000).[10]
  • ¿Qué es lo que pasa? (Zamora: Lucina, 2006). ISBN 84-85708-67-9
  • 20 ventanas y 36 adolescencias (Zamora: Lucina, 2006).
  • De verde a viejo. De viejo a verde (Zamora: Lucina, 2007).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Al burro muerto... (Zamora: Lucina, 1998).
  • Bebela (Zamora: Lucina, 1987; 2ª ed 2001).
  • Canciones y soliloquios (Zamora: Lucina, 1982; 2.ª ed. 1993).
  • Del tren (83 notas o canciones) (Zamora: Lucina, 1981).
  • Libro de conjuros (Zamora: Lucina, 1979; 2ªed 1981; 3ª ed 1991; 4ª ed. 2000).
  • Más canciones y soliloquios (Zamora: Lucina, 1988).
  • Ramo de romances y baladas (Zamora: Lucina, 1991).
  • Relato de amor (Zamora: Lucina, 1980; 2.ª ed. 1982; 3ªed. 1989; 4ª ed.1993).
  • Sermón de ser y no ser, (Madrid: Visor, 1ª edición, 1972, 2ª, 1973, 3ª, 1977; Zamora: Lucina, 4ª edición, 1980, 5ª, 1984, 6ª, 1988, 7ª, 1995).
  • Valorio 42 veces (Zamora: Lucina, 1986).
  • Uno o dos en 23 sitios y más (Zamora: Lucina, 2003).[11]
  • 4 canciones de amor perdido y el cínife (Logroño: Edicións do 4 de agosto de 2006).[12]
  • Suma del vuelo de los hombres (Zamora: Lucina, 2008).
  • Cantar de las dos torres (Zamora: Lucina, 2008).
  • Y más aún canciones y otros juegos (Zamora: Lucina, 2008).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Baraja del Rey Don Pedro (Premio Nacional de Literatura Dramática 1999) (Zamora: Lucina, 1998; 2ªed. 1999).
  • Ismena. Tragicomedia musical (Zamora: Lucina, 1980).
  • Rey de una hora (Zamora: Lucina, 1984).
  • Tres farsas trágicas y una danza titánica. "Traspaso», «Dos amores», "Velatorio» y "Rotura», catro obras de teatro dunha media hora de duración (Zamora: Lucina, 1980).
  • Pasión. Farsa trágica (Zamora: Lucina, 2006).
  • La rana y el alacrán (Zamora: Lucina, 2007).
  • El otro hombre (Zamora: Lucina, 2008).
  • Diosas cosas (Zamora: Lucina, 2008).
  • Loco de amor (Zamora: Lucina, 2010).

Outros[editar | editar a fonte]

  • Himno da Comunidade de Madrid (1983 BOCM).
  • Eso y ella. 6 cuentos y una charla (Zamora: Lucina, 1987; 2ª ed 1993).
  • Recitaciones de poesía antigua (Zamora: Lucina, 1987).
  • ¿Qué coños? 5 cuentos y una charla (Zamora: Lucina, 1990; 2ª ed 1991; 3ª ed. 1991: 4ª ed. 1995).
  • Cosas de la vida. 17 cuentos (Zamora: Lucina, 2009).

Artigos[editar | editar a fonte]

Innumerables artigos de filoloxía e lingüística nas revistas Emérita, Estudios Clásicos, Revista Española de Lingüística, Saber Leer, etc. E de política en Archipiélago, El País, Diario 16, La Razón, etc.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Agustín García Calvo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]