Cantautor
Cantautor é un artista que, por norma xeral, adoita escribir e interpretar a letra e a música das súas propias cancións. Nas súas cancións acostuma incorporar temáticas sociais, políticas e filosóficas. Durante un tempo denominouse a este tipo de música canción protesta.
Índice |
[editar] Historia
A canción de autor ten unha gran tradición nos países de cultura mediterránea de Europa e na maior parte de América Latina. É un xénero reivindicativo, que critica as inxustizas sociais e que xera sobre todo, cancións sobre o tema do amor e o desamor. Este tipo de música tivo a súa época dourada nos anos 60 e 70 (ligado aos movementos sociais e políticos que se estaban desenvolvendo nesa época). Nos anos 80 entrará en crise, aínda que iso non significa que non aparecesen novos cantautores durante este período.
Durante os 90 rexurdiu cunha nova fornada de novos autores que revolucionaron a tradicional música de autor; así a todo, moitas veces interpretouse este rexurdimento da canción de autor (de carácter menos reivindicativo ca en décadas anteriores) como unha campaña das discográficas.
[editar] Cantautores de África
- Idir, nacido en 1949, cantautor alxeriano bérber bilingüe (bérber e francés), pero principalmente bérber.
- Matoub Lounès (1956-1998), cantautor alxeriano en lingua bérber.
- Georges Moustaki, nacido en Alexandría, Exipto, en 1934, de pais xudeus gregos. Cantatautor políglota, pero principalmente francófono.
[editar] Cantautores de América
- Ricardo Arjona, nacido en 1964, cantautor guatemalteco.
- Rubén Blades, nacido en 1948, cantautor panameño.
- Leonard Cohen, nacido en 1934, cantautor e poeta canadense, anglófono.
- Jorge Drexler, nacido en 1964, cantautor uruguaio.
- Bob Dylan, nacido en 1941, cantautor estadounidense.
- Juan Gabriel, nacido en 1949, cantautor mexicano.
- Chabuca Granda (1920-1983), cantautora peruana.
- Víctor Heredia, nacido en 1947, cantautor arxentino.
- Victor Jara (1942-1973), cantautor chileno.
- José Larralde, nacido en 1937, cantautor arxentino.
- Amy Lynn Lee, nacida en 1981, cantautora estadounidense.
- Pablo Milanés, nacido en 1943, cantautor cubano.
- Violeta Parra (1917-1967), cantautora chilena.
- Silvio Rodríguez, nacido en 1946, cantautor cubano.
- Shakira, nacida en 1977, cantautora pop de Colombia.
- Tupac Shakur, nacido en 1971, cantautor estadounidense.
- Caetano Veloso, nacido en 1942, cantautor brasileiro.
- Daniel Viglietti, nacido en 1939, cantautor uruguaio.
- Atahualpa Yupanqui (1908-1992), cantautor e guitarrista arxentino.
- Alfredo Zitarrosa, (1936-1989), cantautor uruguaio.
- Hernaldo Zúñiga, nacido en 1955, cantautor nicaraguano.
[editar] Cantautores de Europa
- Charles Aznavour, nacido en 1924, cantautor francés de orixe armenia.
- Maria del Mar Bonet, nacida en 1947, cantautora catalá en lingua catalá.
- Georges Brassens (1921-1981), cantautor francés.
- Jacques Brel (1929-1978), cantautor belga, francófono.
- Aristide Bruant (1851-1925), cantautor francés.
- Manu Chao, nacido en 1961, cantautor francés de orixe galega (políglota).
- Fabrizio De André, nacido en 1940, cantautor e poeta italiano.
- Serge Gainsbourg (1928-1991), cantautor francés.
- John Lennon (1940-1980), cantautor británico.
- Lluís Llach, nado en 1948, músico e cantautor en catalán.
- Paul McCartney, nacido en 1942, cantautor británico.
- José Luis Perales, nacido en 1945, cantautor español.
- Raimon, nacido en 1940, cantautor en lingua catalá.
- Xil Ríos, nacido en 1948, cantautor en galego.
- Joaquín Sabina, nacido en 1949, cantautor español.
- Ismael Serrano, nacido en 1974, cantautor español.
- Pedro Guerra, nacido en 1966, cantautor español (canario).
- Joan Manuel Serrat, nacido 1943, cantautor catalán bilingüe.
- Alain Souchon, nacido en 1944, cantautor francés.
- Tontxu, nacido en 1972, cantautor vasco.
- Boris Vian (1920-1959), escritor e cantautor francés.
- Víctor Manuel, nacido en 1947, cantautor español.
[editar] Cantautores de Galiza
- Andrés do Barro, nado en 1947 e finado en 1989, cantautor en galego
- Xil Ríos, nado en 1948, cantautor en galego
