Alexandre Millerand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre Millerand
Primeiro ministro de Francia
Período20 de xaneiro - 23 de setembro de 1920
AntecesorGeorges Clemenceau
SucesorGeorges Leygues
Presidente de Francia
Período24 de setembro de 1920 - 11 de xuño de 1924
AntecesorPaul Deschanel
SucesorGaston Doumergue
Datos persoais
Nacemento10 de febreiro de 1859
 París
Falecemento6 de abril de 1943
 Versalles
OrganizaciónPartido Socialista Francés - PSF
CónxuxeJeanne Millerand
FillosJacques Millerand
Alma máterFacultade de Dereito de París, Lycée Louis-le-Grand e Lycée Michelet, Vanves
Profesiónavogado e político
Na rede
WikiTree: Millerand-1 Find a Grave: 7174 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Millerand, nado en París o 10 de febreiro de 1859 e finado en Versalles o 7 de abril de 1943, foi un avogado e político francés, presidente do seu país entre 1920 e 1924 e primeiro ministro entre o 20 de xaneiro e 20 de setembro de 1920.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa carreira política na contorna do Partido Radical de Georges Clemenceau, pero despois achegouse ao socialismo, chegando a ser ministro de Comercio e Industria no gabinete do radical Pierre Waldeck-Rousseau entre 1899 e 1902, feito que suscitou as críticas de contemporáneos franceses como Jules Guesde e mesmo da Segunda Internacional (por exemplo de Rosa Luxemburg), por considerar inxustificada esta colaboración con gobernos burgueses. Con todo, foi apoiado por Jean Jaurès. A súa tendencia dereitista levoulle a ser expulsado da Sección Francesa da Internacional Obreira en 1904 e posteriormente formou parte de varios gobernos como independente (Obras Públicas, 1909-1910, e Guerra, 1912-1913 e 1914-1915). A experiencia da primeira guerra mundial, que viviu como ministro, serviu - da mesma forma que para outros socialistas da época - para completar a súa viraxe cara á dereita pola vía do patriotismo.

En 1919 encabezou unha coalición conservadora, o Bloque Nacional, coa que chegou a ser presidente da República en 1920, tras uns meses como primeiro ministro e encargado de Asuntos Exteriores. El e o seu primeiro ministro Raymond Poincaré promoveron a ocupación do Ruhr para obrigar a Alemaña a pagar as reparacións de guerra. Tamén impulsaron unha política de rigor orzamentario que os fixo impopulares. En 1924, tras a vitoria electoral da esquerda, dimitiu e abandonou a primeira liña da política francesa, ocupando un escano no senado.


Segue a:
Georges Clemenceau
Alexandre Millerand
(xaneiro-setembro de 1920)

Precede a:
Georges Leygues
Partido Socialista Francés - PSF
Presidente de Francia

Segue a:
Paul Deschanel
Alexandre Millerand
Precede a:
Gaston Doumergue
Partido Socialista Francés - PSF

Véxase tamén[editar | editar a fonte]