Édouard Balladur
Édouard Balladur | |
---|---|
![]() | |
Primeiro ministro de Francia | |
Período | 29 de marzo de 1993 - 18 de maio de 1995 |
Antecesor | Pierre Bérégovoy |
Sucesor | Alain Juppé |
Datos persoais | |
Nacemento | 2 de maio de 1929 |
Esmirna | |
Organización | RPR |
Cónxuxe | Marie-Josèphe Delacour |
Alma máter | Lycée Thiers, Escola Nacional de Administração, Instituto de Estudos Políticos de París e Aix-en-Proven Université d'Aix--Marseille III |
Profesión | funcionario público e político |
Relixión | Igrexa Católica Armenia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Édouard Balladur (nado o 2 de maio de 1929 en Esmirna, Turquía) é un político francés, que foi primeiro ministro de Francia entre 1993 e 1995.
Biografía[editar | editar a fonte]
Graduouse na Escola Nacional de Administración e foi membro do Consello de Administración da Oficina de radiodifusión da televisión francesa (1967-68), conselleiro técnico do gabinete do primeiro ministro Georges Pompidou (1966-68), secretario xeral do presidente no Eliseo (1969).
Tras a morte de Pompidou, abriu unha paréntese na súa vida política, que se pecharía a principios dos anos oitenta coa súa volta da man de Jacques Chirac. Considéraselle o executor da política de reprivatizacións levada a cabo como Ministro de Economía e Ministro de Estado do goberno de Chirac (1986-1988). Coa vitoria da coalición de centro-dereita formada por RPR e UDF nas eleccións lexislativas de marzo de 1993, foi nomeado primeiro ministro, volvendo a denominada cohabitación co socialista François Mitterrand. Durante ese período favoreceu a liberalización da economía.
Primeiro ministro de Francia | ||
---|---|---|
Segue a: Pierre Bérégovoy |
Édouard Balladur | Precede a: Alain Juppé |
RPR |