François Fillon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
François Fillon
Datos persoais
Nacemento4 de marzo de 1954
 Le Mans
OrganizaciónUMP
NaiAnne Fillon
CónxuxePenelope Fillon
Alma máterLe Mans University, Universidade París-Descartes, Château des Perrays, sen etiquetar, Instituto de Estudos Políticos de París e Universidade Paris-Cité
ProfesiónXornalista
RelixiónIgrexa católica
Na rede
Facebook: fillon.francois Twitter: FrancoisFillon Instagram: francois.fillon LinkedIn: francois-fillon Youtube: UCp1R4BFJrKw34PfUc3GDLkw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francois Fillon, nado o 4 de marzo de 1954, é un político francés que dende o 17 de maio de 2007 ata o 15 de maio de 2012 ocupou o cargo de Primeiro Ministro de Francia durante a presidencia de Nicolas Sarkozy, formando tres gobernos. O 10 de maio de 2012, tralas eleccións presidencias de 2012, dimitiu. É membro do partido Unión por un Movemento Popular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillon naceu o 4 de marzo de 1954 en Le Mans, no departamento de Sarthe, da rexión dos País do Loira. Provén dunha familia acomodada e gaullista; o seu pai é notario, e a súa nai é unha historiadora de renome de orixe vasca. O seu irmán máis novo é pianista.

Estudou no colexio privado "Saint-Michel-des-Perrais", e no liceo Notre-Dame de Sainte-Croix en Le Mans; e en 1972 graduouse no Bacharelato de Filosofía. Logo continuou os seus estudos na Université du Maine (Universidade de Maine), situada tamén en Lle Mans; obtendo alí unha Mestría en Dereito Público en 1976. Ao ano seguinte obtivo un D.E.A. (Diploma de Estudos Avanzados) en Dereito Público na Université René Descartes (tamén coñecida como Université Paris V) de París; e outro D.E.A. en Ciencias Políticas na Fundación Nacional de Ciencias Políticas.


Predecesor:
Dominique de Villepin
 Primeiro Ministro de Francia 
2007 - 2012
Sucesor:
Jean-Marc Ayrault

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]