Adolphe Thiers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolphe Thiers

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Joseph-Louis-Adolphe Thiers Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1797 Editar o valor em Wikidata
Marsella, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1877 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Saint-Germain-en-Laye, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 55 (1887–) 48°51′40″N 2°23′35″L / 48.861111, 2.392972
Grave of Mathéron-Charlemagne (en) Traducir
Grave of Thiers (Père-Lachaise, division 55) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da República Francesa
31 de agosto de 1871 – 24 de maio de 1873
← Napoleón IIIPatrice Mac-Mahon (pt) Traducir →
23º Copríncipe francés de Andorra
31 de agosto de 1871 – 24 de maio de 1873
← Napoleón IIIPatrice Mac-Mahon (pt) Traducir →
Xunto con: Josep Caixal i Estradé (pt) Traducir
Head of government of France (en) Traducir
24 de febreiro de 1848 – 24 de febreiro de 1848
← Mathieu Louis MOLÉ DE CHAMPLATREUXJacques Charles Dupont de l'Eure →
Head of government of France (en) Traducir
1 de marzo de 1840 – 29 de outubro de 1840
← Nicolas Jean de Dieu SoultNicolas Jean de Dieu Soult →
Head of government of France (en) Traducir
22 de febreiro de 1836 – 6 de setembro de 1836
← Victor, Duque de Broglie (pt) TraducirMathieu Louis MOLÉ DE CHAMPLATREUX →
Cadeira 38 da Academia Francesa (pt) Traducir
20 de xuño de 1833 – 3 de setembro de 1877
← François Andrieux (pt) TraducirHenry Martin →
Deputado da Asemblea Nacional
Senador da Terceira República Francesa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTerceira República Francesa
Primeiro Imperio Francés
Segundo Imperio Francés
Reino de Francia
Segunda República Francesa
Primeira República Francesa
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Thiers (en) Traducir
Universidade de Aix-Marselha (pt) Traducir
Aix-en-Proven Université d'Aix--Marseille III (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , historiador , xornalista , político , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoOrleanista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeÉlise Thiers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
8 de setembro de 1877Funeral (Os Inválidos) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

iTunes: 457142711 WikiTree: Thiers-15 Find a Grave: 12657 Editar o valor em Wikidata

Louis Adolphe Thiers, nado en Marsella o 15 de abril de 1797 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de setembro de 1877, foi un historiador e político francés. Foi repetidas veces primeiro ministro baixo o reinado de Lois Filipe de Francia. Despois da caída do Segundo Imperio, converteuse en presidente provisional da Terceira República Francesa, ordenando a supresión da Comuna de París en 1871. Dende 1871 ata 1873 gobernou baixo o título de presidente provisional. Despois de perder unha moción de confianza na Asemblea Nacional, presentou a súa dimisión, oferta que foi aceptada (confiaba en que a dimisión non fose aceptada) e obrigárono a deixar o seu cargo. Foi substituído como Presidente Provisional por Patrice MacMahon, duque de Magenta, quen se converteu en Presidente da Terceira República, título que Thiers cobizara, en 1875 cando unha serie de Leis Orgánicas crearon oficialmente a Terceira República Francesa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Thiers naceu en Marsella. Máis tarde describiu a súa familia un pouco grandilocuentemente como "comerciantes de teas arruinados pola Revolución" mais parece que, ao nacer, o seu pai era cerralleiro. Recibiu unha boa educación, primeiro no Liceo de Marsella, e logo na Facultade de Dereito en Aix-en-Provence, onde comezou a súa longa amizade co futuro historiador François Mignet.

A pesar de estudar leis, tíñalle pouco aprecio a esta disciplina; en cambio gozaba coa literatura, obtendo un premio académico en Aix por un discurso sobre o marqués de Vauvenargues. No outono de 1821, Thiers marchou a París, onde se converteu en redactor do diario Constitutionnel. Nos anos posteriores á súa chegada a París, recolleu e publicou un volume cos seus artigos, o primeiro sobre a cámara parlamentaria de 1822, e o segundo sobre unha viaxe aos Pireneos. Non tivo grandes necesidades financeiras grazas á singular doazón de Cotta, propietario de parte do Constitutionnel, que lle entregou a Thiers parte dos seus dividendos.

Mentres tanto comezou a ser recoñecido na sociedade liberal parisiense, e iniciaba a súa famosa obra Histoire de la revolution française, que o consolidou como literato e axudou ao seu asentamento na política. Os dous primeiros volumes apareceron en 1823, e os dous últimos (dun total de dez) en 1827.

En 1833, Thiers foi nomeado membro da Academia francesa.[1]

Morreu o 3 de setembro de 1877.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

A monarquía de xullo[editar | editar a fonte]

Adolphe Thiers na súa mocidade.

Por un momento pareceu como se Thiers escollese definitivamente a vida dun home de letras. Ata planeou a redacción dunha Histoire generale. Porén, o acceso ao poder de Jules de Polignac en agosto de 1829 cambiou os seus proxectos, e a principios de 1830, Thiers, xunto con Armand Carrel, Mignet, Sautelet, e outros fundaron Le National, un novo xornal de oposición, baixo a protección de Talleyrand, o famoso ministro de Napoleón.

Trala firma por Carlos X das "Ordenanzas de Saint-Cloud" o 25 de xullo de 1830, que abolían a liberdade de prensa, a nova cámara e creaban unha nova lei electoral máis reaccionaria, Thiers publicou o 27 unha alegación contra estas disposicións en que expuña: “O goberno perde hoxe toda a súa lexitimidade, e os cidadáns non teñen por que obedecelo. Polo que a nós se refire, resistiremos, e Francia decidirá ata onde debe chegar a nosa resistencia". Por esta réplica ás ordenanzas, o goberno ocupou o edificio da redacción do xornal e confiscou o diario, mais resultou inútil porque o ambiente creado lanzara ás rúas todos os descontentos, procedentes de todas as clases sociais, provocando a caída do rei. Thiers non era un revolucionario que buscase a república, senón o cambio de monarca por un máis liberal, sendo o seu candidato Lois Filipe de Orleáns. Mesmo chegou a ir buscalo ao seu palacio para insistir na conveniencia da súa presenza en París, petición compartida por moitos outros liberais e que se materializou o 30 de xullo, co que se inaugurou a monarquía de xullo.

Ao principio do novo reinado, Thiers, aínda que deputado electo por Aix, só obtivo un posto subordinado no ministerio de Facenda.

Despois do derrocamento do seu patrón, Jacques Laffitte, deu un xiro na súa posición política cara á dereita, e, despois das desordes de xuño de 1832, foi designado Ministro de Interior. Permaneceu no goberno durante catro anos nos que cambiou con frecuencia de carteira e foi nomeado presidente do consello e primeiro ministro, dende onde comezou a súa serie de enfrontamentos e disputas con François Guizot.

Unha rebelión de obreiros da seda en Lión iniciada na primavera de 1834, a pesar de ser esmagada con forza, estendeuse ao resto do país, chegando á capital, e sendo ministro de interior, ordenou a policías e soldados disparar contra todo aquel que fixese lume, para logo dirixir en persoa a represión en compañía do prefecto de policía, situación que chegou ao seu clímax o 14 de abril, cando os soldados chegaron ao extremo de penetrar nunha casa dende onde se dispararon algunhas salvas contra eles e matar todos os seus inquilinos. Realizáronse procesos contra os rebeldes que duraron todo o ano, pero a orde foi restablecida e os obreiros abandonaron momentaneamente as súas reivindicacións.

No momento da súa dimisión en 1836 era Ministro de Asuntos Exteriores e, como sempre, desexou unha política activa en España, que non puido levar a cabo.

Realizou unha viaxe a Italia onde pasou algún tempo, e non foi ata 1838 en que comezou unha campaña constante de oposición parlamentaria, que o levou en marzo de 1840 a converterse no presidente do consello, e Ministro de Asuntos Exteriores por segunda vez. A súa política de apoio ao gobernante de Exipto, Muhammad Alí, na crise de Oriente daquel ano levou a Francia ao bordo da guerra coas outras potencias. Isto causou o cesamento de Thiers, pois Lois Filipe non desexaba embarcarse en ningunha aventura bélica. Despois deste fracaso, Thiers abandonou a política durante algúns anos, para dedicar o seu tempo á redacción da súa Histoire du Consulat et de l'Empire, cuxo primeiro volume apareceu en 1845.

Aínda que continuaba a ser membro do parlamento, foron poucas as súas intervencións, ata principios de 1846, cando unha vez máis iniciou unha campaña para regresar ao poder, esta vez liderando o grupo de oposición de centro-esquerda. Con todo, estaba a traballar con forzas que non podía controlar, pois o grupo de centro-esquerda se uniu ao estalido da revolución de 1848, mentres que Thiers foi chamado polo rei Lois Filipe para constituír un "gabinete de emerxencia"; con todo, ao ver que non habería salvación para a monarquía ao pasaren os soldados á causa revolucionaria, dimitiu poucos días despois.

A Segunda República e o Segundo Imperio[editar | editar a fonte]

Baixo a Segunda República Francesa cambiou a súa posición á dun republicano conservador. Os cambios na súa posición política, sobre todo ao votar por Luís Napoleón Bonaparte como presidente, foron criticados. Unha desas críticas conduciuno a un duelo cun novo deputado, chamado Bixio. Foi detido durante o golpe de estado, enviado a Mazas, e logo escoltado fóra de Francia, mais ao verán seguinte foi asasinado en París. Durante a seguinte década, a súa actuación pública foi practicamente inexistente, ocupando o seu tempo principalmente no seu traballo histórico sobre o Consulado e o Imperio.

Non foi ata 1863 en que entrou de novo no campo da política, cando foi elixido por un distrito electoral parisiense. Durante os sete anos seguintes converteuse no portavoz principal do pequeno grupo de antiimperialistas na cámara francesa, e foi considerado como un dos inimigos máis formidables do Imperio. Con todo, protestando contra as empresas no estranxeiro, tamén se facía eco da perda de prestixio do país, contribuíndo con iso á formación do espírito que provocou a guerra contra Prusia en 1870.

O colapso do Imperio e a Comuna de París[editar | editar a fonte]

Thiers avanza sobre París montado nun caracol. Caricatura na portada do número 4 do diario Lle Fils du Père Duchêne Illustré, 3 de maio de 1871.

Até 1870, Thiers foi un dos impulsores da guerra franco-prusiana, mais cando os exércitos franceses sufriron derrota tras derrota en tan só unhas poucas semanas, cambiou rapidamente a súa estratexia e empezou a falar en contra da guerra, cando esta estaba practicamente perdida. Pola súa manobra, colocouse nunha posición politicamente vitoriosa despois da derrota esmagadora do país, a pesar de que toda a súa carreira a dedicou a promover axitacións para levar a Francia a algunha guerra. Logrou isto separándose o máis posible do Goberno de Defensa Nacional, o goberno que estaría obrigado a renderse e capitular fronte a Alemaña.

Emprendeu a finais de setembro e nas tres primeiras semanas de outubro unha viaxe por diferentes cortes de Europa, coa esperanza de obter algunha intervención, ou polo menos algúns bos oficios. A misión fracasou, pero o negociador cambiou de conclusión: debía obterse, inmediatamente se era posible, un armisticio directamente co líder prusiano Otto von Bismarck.

Unha vez asinado o tratado de armisticio (previo ao definitivo Tratado de Frankfurt), Thiers entrou triunfalmente en escena e pedíronse eleccións nacionais: Thiers foi elixido por vinte e seis departamentos diferentes; o 17 de febreiro de 1871 foi elixido Presidente, nominalmente como "chef du pouvoir executif de la République en attendant qu'il soit statué sur les institutions da France" (Xefe do poder executivo da República ata que as institucións de Francia sexan prescritas). Tivo éxito en convencer as autoridades de que a paz era necesaria, e esta foi votada o 1 de marzo de 1871 cunha maioría de máis de cinco a un.

En maio de 1871, Thiers enviou soldados franceses, co apoio dos alemáns, a París para esmagar a Comuna parisiense. Entre 10 000 e 30 000 traballadores morreron nas rúas de París. Miles máis foron detidos ou exiliados.

A Terceira República[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto converteuse en presidente provisional da república aínda non declarada.

A súa forte personalidade e as súas inflexibles opinións cooperaron coa resurrección de Francia, mais ao mesmo tempo convocou unha oposición violenta contra a súa persoa. Era un proteccionista de toda a vida, mais as ideas de libre comercio preconizadas polo seu ministro Léon Say fixeran grandes progresos durante o Imperio; avogou por un servizo militar longo, mentres que os devotos de la revanche desexaban un servizo militar xeral pero curto. Tanto o seu talento como o seu carácter indispuxérono a manter unha actitude propia dun presidente da república, pois a súa lingua era polo común indomable.

En xaneiro de 1872 ofreceu formalmente a súa dimisión e aínda que foi rexeitada, case todos os partidos mostráronlle aversión, mentres os seus principais partidarios, como Charles de Rémusat, Barthelemy Saint-Hilaire e Jules Simon, pertencían máis ao pasado que ao presente republicano.

O ano 1873, como ano de eleccións parlamentarias en Francia, estivo ocupado en maior parte con ataques sobre Thiers e o seu goberno. Na primavera, propuxéronse regulacións sobre os seus poderes e o 13 de abril, cando foron votados, desexábase restrinxir o poder do executivo e, sobre todo, os poderes parlamentarios do presidente. O 27 de abril unha elección impugnada en París, terminou coa vitoria do candidato da oposición, Barodet, que foi considerada como un grave desastre para o goberno de Thiers, que foi forzado á disolución e á reconstitución do gabinete o 20 de maio.

Tras un voto de censura do parlamento, presentou a súa dimisión, que para a súa sorpresa, foi aceptada, e deixou o cargo o 24 de maio, sendo substituído por Patrice MacMahon como presidente provisional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Valéry Giscard d'Estaing entra en la Academia Francesa". Consultado o 22 de xuño de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allison, John M. S. (1921). "Thiers and the July Days". Sewanee Review 29 (3): 300–313. JSTOR 27533444. 
  • Bury, J.P.T. and R. P. Tombs. Thiers, 1797–1877: A Political Life (1986) 307p
  • de Rémusat, Paul. Thiers (1889) online in English translation
  • Le Goff, François J.. The life of Louis Adolphe Thiers (1879) online
  • Mitchell, Allan. "Thiers, MacMahon, and the Conseil supérieur de la Guerre," French Historical Studies, Fall 1969, 6#2 pp 232–52 in JSTOR
  • Schaffer, Aaron (1916). "Louis Adolphe Thiers". The Sewanee Review 24 (2): 201–213. JSTOR 27532899. 
  • Tombs, Robert. "The Thiers Government and the Outbreak of Civil War in France, February–April 1871," Historical Journal, Dec 1980, 23#4, pp 813–831 in JSTOR

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]