Manuel Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Valls
Valls Toulouse 2012.JPG
Nome completo Manuel Carlos Valls Galfetti
Nacemento 13 de agosto de 1962
  Barcelona
Nacionalidade España e Francia
Relixión Igrexa católica
Educado en Pantheon-Sorbonne University
Ocupación político
Pai Xavier Valls
Nai Luisangela Galfetti
Cónxuxe Anne Gravoin e Nathalie Soulié
Irmáns Giovanna Valls
Premios sen etiquetar, Grand Cross of the National Order of Merit, Grand Officer of the Legion of Honour, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Commander of the Order of Ouissam Alaouite
editar datos en Wikidata ]

Manuel Carlos Valls Galfetti, nado en Barcelona o 13 de agosto de 1962, é un político francés de orixe española, coñecido como Manuel Valls. Foi Primeiro ministro de Francia do 31 de marzo de 2014 ao 6 de decembro de 2016, cargo ao que accedeu investido polo presidente François Hollande tras a dimisión do socialista Jean-Marc Ayrault.

Foi alcalde de Évry de 2001 a 2012 e deputado na Asemblea Nacional de Francia por Essonne de 2002 a 2012 e desde 2017. Foi Ministro de Interior de Francia, Alcalde de Évry e Conselleiro rexional da Illa de Francia. Dimitiu como Primeiro ministro de Francia para presentarse ás primarias socialistas para as eleccións presidenciais de 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Carlos Valls recoñécese como «fillo de español» porque veu ao mundo en Barcelona, xa que «eran as vacacións, e os meus pais, que vivían en Francia, quixeron que o seu fillo maior nacese alí».[Cómpre referencia] «Son o fillo dun pintor español e dunha nai suíza italiana que elixiron Francia pola súa beleza, pola súa grandeza, pola súa dozura».[1][2]

O seu avó paterno era católico e fundador do xornal católico El Matí. Durante a Guerra Civil Española, ocultou na súa casa a sacerdotes perseguidos polos trotskistas e os anarquistas. Despois da vitoria de Franco prohibíuselle exercer a súa profesión. O seu pai, o pintor Xavier Valls, tamén nacido en Barcelona, emigrou a París a finais dos anos 40, onde coñeceu á súa esposa Luisangela Galfetti, irmá do arquitecto suízo Aurelio Galfetti.[3][4] Debido ás diferentes orixes da súa familia, fala con fluidez o francés, catalán, castelán[5] e italiano.[6][5]

Nun programa de radio dedicado á música clásica, presentou ao musicólogo Manuel Valls i Gorina, compositor do Himno do Fútbol Club Barcelona, como primo seu.[7]

En 1980, con 17 anos, afíliase ao Partido Socialista francés (PS) da man de Michel Rocard. Dentro do PS defende á segunda esquerda, a de Rocard, máis pragmática, fronte á de François Mitterrand. Durante os seus estudos de Historia na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne, forma parte do sindicato socialista de estudantes, o UNEF-IDE. En 1982 nacionalizouse francés.

Entre 1983 e 1986 estivo vinculado ao parlamentario Robert Chapuis, deputado por Ardèche, e en 1988 sucedeu a Henri Kaminska como cabeza do PS de Argenteuil-Bezons. Con 24 anos foi elixido para o Consello Rexional de Illa de Francia, do que se converte en vicepresidente primeiro en 1998. Entre 1991 e 1993 é delegado adxunto interministerial dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 celebrados en Albertville. Seguidamente convértese en secretario nacional de comunicación do Partido Socialista e tamén en primeiro secretario da federación en Val do Oise. Posteriormente encárgase da comunicación e relacións coa prensa do gabinete de Lionel Jospin, Primeiro Ministro de Francia entre 1997 e 2002.

En marzo de 2001 e en 2008 foi elixido alcalde de Évry e en 2002 deputado na Asemblea Nacional de Francia pola Primeira Circunscrición de Essonne, sendo reelixido en 2007.

Na sucesión de François Hollande á fronte do PS en novembro de 2008, toma partido a favor de Ségolène Royal.[8] Por mor dos resultados (que considera controvertidos), reclama a arbitraxe dos tribunais ante as sospeitas de fraude electoral nos bastións de Norte e de Sena Marítimo, favorables a Martine Aubry.

O 13 de xuño de 2009, Manuel Valls anuncia a súa intención de disputar as primarias do Partido Socialista para converterse en candidato nas eleccións presidenciais de Francia de 2012.[9] Pero en xullo 2009, as súas relacións con Martine Aubry non están no seu mellor momento.[10]

Tras as eleccións, o novo Presidente da República François Hollande nomea un novo Goberno no que Manuel Valls ocupa a carteira de Ministro do Interior[11]

O 31 de marzo de 2014, tras un mal resultado do Partido Socialista nas eleccións municipais do día anterior e a dimisión do Primeiro Ministro Jean-Marc Ayrault, o presidente François Hollande anuncia o nomeamento de Manuel Valls como novo Primeiro Ministro de Francia.[12]

Orientacións políticas[editar | editar a fonte]

Manuel Valls sitúase na "á dereita" do Partido Socialista, aínda que se define máis ben como "blairista", en particular debido á súa insistencia sobre temas como a seguridade, a responsabilidade individual ou a "denegación da asistencia".[13][13][14][15] Desexa "reconciliar a esquerda co pensamento liberal" e nese sentido declárase "clintoniano".[16][17][18]

En 2005, ante o referendo sobre o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, defende o "non" en primeira instancia. Non obstante, despois do referendo interno de decembro de 2004, onde o "si" sae vencedor, participa, por disciplina de partido, na campaña do PS en favor da opción afirmativa.[19] Vota con outros cargos electos de esquerda para a reforma do título XV da constitución, que permite a ratificación do Tratado de Lisboa (2007) na Asemblea Nacional de Francia o 4 de febreiro de 2008.[20]

Avoga por unha prolongación do número de anos de cotización para fixar a idade de xubilación e "a aliñación dos réximes especiais de xubilación sobre o réxime xeral".[21]

Valls, "para terminar co vello socialismo [...] e ser por fin de esquerdas", di "si ás cotas de inmigración", aproba a prolongación da cotización a 41 anos e critica as manifestacións anti-transxénicos e antinucleares.[22]

[23]

Cargos políticos[editar | editar a fonte]

A nivel local[editar | editar a fonte]

  • 17/03/1986 - 22/03/1992: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 11/03/1989 - 18/06/1995: 12º tenente de alcalde de Argenteuil.
  • 18/06/1995 - 31/12/1998: 2º tenente de alcalde de Argenteuil.
  • 1989 - 2000: Concelleiro de Argenteuil.
  • 23/03/1992 - 15/03/1998: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 16/03/1998 - 20/06/2002: Vicepresidente primeiro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 20/06/2002 - 18/11/2002: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • De 18/03/2001 a 2012: Alcalde de Évry.
  • Desde o 07/04/2008: Presidente da comunidade de aglomeración Évry Centro Essonne.

No Partido Socialista[editar | editar a fonte]

  • 1993 - 1994 e 1995 - 1997: Secretario nacional, encargado da comunicación do PS.
  • 2003 - 2004: Secretario nacional do PS, encargado da coordinación e a organización.
  • Desde 1993: Membro do buró nacional e do consello nacional do PS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pagola, J. (24 de decembro de 2013). "Manuel Valls, un amigo de España". ABC. 
  2. http://www.swissinfo.ch/spa/noticias/politica_suiza/Manuel_Valls,_un_suizo_ministro_en_Paris.html?cid=32653126
  3. « L'homme qui veut être le Sarko de la gauche», par François Dufay, Le Point, 03/08/2007.
  4. «Manuel Valls, socialiste français, fils de Luisangela», Swissinfo, 14 de julio de 2008.
  5. 5,0 5,1 g [1]
  6. Véase entrevista en el programa " Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. La nit al dia", el 28 de noviembre de 2005.
  7. « Manuel Valls ouvre les fenêtres de la musique», par Olivier Bellamy, Radio Classique, 16/05/2008.
  8. Un catalán con mano dura dirigirá a los gendarmes franceses en el fin de ETA, ElConfidencial.com, 17 de mayo de 2012.
  9. «Manuel Valls candidat à des primaires socialistes»[Ligazón morta], Le Nouvel Observateur, 16 de junio de 2009.
  10. "PS: Valls-Aubry, le duo de trop", Jean-Pierre Thiollet, France Soir, 17 de julio de 2009 (en francés) [2]
  11. «Hollande nombra el primer Gobierno paritario de la historia de Francia», El País, 16 de mayo de 2012.
  12. http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/5989972/internacional/hollande-anuncia-que-manuel-valls-sera-el-nuevo-primer-ministro-de-francia
  13. 13,0 13,1 Le Point, n° 1820, 2 de agosto de 2007, p. 24-27.
  14. Seguidor de la política de Tony Blair.
  15. Le Canard enchainé, 5 de septiembre de 2007.
  16. «Manuel Valls se verrait bien candidat en 2012», Libération, 24 de abril de 2008
  17. Seguidor de la política de Bill Clinton.
  18. Pour en finir avec le vieux socialisme... et être enfin de gauche !, Manuel Valls, éditions Robert Laffont.
  19. « Les habits neufs de Manuel Valls», L'Express, 30 de agosto de 2007
  20. Compte rendu intégral de la séance du Congrès du Parlement, séance du lundi 4 de febrero de 2008.
  21. « “Il faudra aligner les régimes spéciaux sur le régime général”, admet Manuel Valls», La Tribune, 10 de septiembre de 2007.
  22. Michel Urvoy, « Valls, le social-réaliste qui secoue le PS», Ouest-France, 6 de mayo de 2008.
  23. Bernadette Sauvaget, « La loi de 1905, en toute modestie Arquivado 19 de xullo de 2009 en Wayback Machine.», Réforme, n° 3154, 12 de agosto de 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ASKOLOVITCH, Claude. Pour en finir avec le vieux socialisme… et être enfin de gauche. Éditions Robert Laffont. París, 2008.
  • MALABARD, Virginie. La laïcité en face. Éditions Desclée de Brouwer. París, 2005.
  • VALLS, Manuel. Les habits neufs de la gauche. Éditions Robert Laffont. París, 2006.