Palo Alto, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
University Avenue, Palo Alto
Situación en California.

Palo Alto é unha cidade do condado de Santa Clara, no estado de California (Estados Unidos). Atópase na Área da Baía de San Francisco, no extremo norte de Silicon Valley, cerca da Universidade Stanford. Moitas empresas de tecnoloxía, como Hewlett-Packard, Xerox, VMWare, Facebook, Pinterest etc teñen a súa sede en Palo Alto.

Segundo o censo en 2005 tiña 56 993 habitantes, mentres que en 2000 tiña 58 598 habitantes.

Palo Alto fundouse en 1887. O nome da cidade vén dunha árbore chamada 'Palo Alto'. É o lugar onde naceu a primeira organización ciberactivista da historia, Computer Professionals for Social Responsibility, por posibles tentativas que induciran a guerras nucleares.

Residentes famosos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]