Lago Maior
| (it) Lago Maggiore | |||||
| Tipo | lago zona de Suíza que non forma parte de ningún concello | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Fronteira Itália-Suíça (pt) Italian Lakes (en) | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Tesino, Suíza, Piemonte, Italia e Lombardía, Italia | ||||
| |||||
| Cordilleira | Alpes | ||||
| Afluentes | Rio Ticino (pt) | ||||
| Efluente do lago | Rio Ticino (pt) | ||||
| Conca hidrográfica | conca do Po | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 193 m | ||||
| Profundidade | 372 m | ||||
| Dimensións | 5 ( | ||||
| Superficie | 212,5 km² | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 6.386 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Volume físico | 37.000 hm³ | ||||
| Historia | |||||
| Cronoloxía | |||||
| 4 de marzo de 1921 | Ca.60 crash (en) | ||||
O lago Maior (en italiano: 'Lago Maggiore ou Lago Verbano') é un lago alpino do norte de Italia e Suíza. Trátase dun lago glaciario que se formou ao final da última glaciación. A súa altitude é de 193 msnm.
Encóntrase na fronteira de Italia e Suíza, entre os Alpes e a chaira padana, a uns 50 km ao noroeste de Milán e uns 130 km ao sur de Zürich. O 80 % da súa superficie corresponde a Italia e o 20 % a Suíza. As súas augas bañan dúas rexións italianas e un cantón suízo:
- Ao norte: o cantón de Tesino (CH)
- Ao oeste: Piemonte (provincias de Verbano e Novara) (I)
- Ao leste: Lombardía (provincia de Varese) (I)
O lago encóntrase entre as coordenadas xeográficas seguintes:
- Latitude: entre os 45°43' N e os 46°11' N
- Lonxitude: entre os 8°29' L e os 8°52' L
É o segundo lago italiano por extensión, despois do lago de Garda, cunha superficie de 212 km². A elegancia de célebres estacións climáticas e a beleza e variedade da paisaxe convérteno nunha das metas máis frecuentadas e preferidas polo turismo internacional.
As fermosas vilas ás súas orelas tiveron gran fama durante a Belle Époque, e algunhas conservan aínda, en parte, o aspecto daqueles tempos.
Entre a máis famosas están Arona, patria de San Carlos Borromeo; Stresa, elegante e refinada; Pallanza coa súa Villa Taranto adornada cun fermoso xardín e, na ribeira lombarda, Luino e Laveno-Mombello.
Son de particular interese as illas Borromeas, fronte a Stresa: a Illa Bella, co maxestoso Palacio Borromeo (sede dunha pinacoteca) e o seu su espectacular xardín á italiana do período barroco, e a illa dos Pescadores, cun palacio do século XVIII e un xardín botánico.
