Marcel Camus
Marcel Camus | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marcel Camus |
Nacemento | 21 de abril de 1912 |
Lugar | Chappes, Ardenas |
Falecemento | 13 de xaneiro de 1982 (69 anos) |
Lugar | París |
Soterrado | Crématorium-columbarium du Père-Lachaise |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe(s) | Marpessa Dawn |
Profesión | Director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcel Camus, nado en Chappes (Ardenas) o 21 de abril de 1912 e finado en París o 13 de xaneiro de 1982 foi un director de cinema francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Camus estudou arte e tratou de converterse en profesor. Porén, a segunda guerra mundial crebou os seus plans e pasou parte da guerra nun campo de prisioneiros alemán.[1]
Antes de debutar como director, foi axudante de cineastas coma Jacques Feyder, Luis Buñuel e Jacques Becker.[2][3] Dirixiu case unha ducia de filmes, incluíndo Orfeo negro, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
En 1960 dirixiu un segundo filme de tema brasileiro, Os bandeirantes,[3] e vinte anos despois outro máis, Otalia da Bahia, que foi o seu último filme e que estaba baseado nunha novela de Jorge Amado.[4][5] Porén, estes filmes non acadaron o éxito de Orfeo negro.
En 1970 logrou un certo éxito coa comedia bélica Le Mur de l'Atlantique, protagonizada polo cómico Bourvil.[3]
Camus acabou a súa carreira principalmente na televisión.[3]
Filmografía[editar | editar a fonte]
- 1957 - Mort en fraude
- 1959 - Orfeo negro
- 1959 - Os Bandeirantes
- 1962 - L'Oiseau de paradis
- 1965 - Le Chant du monde
- 1965 - Vivre la nuit
- 1970 - Un été sauvage
- 1970 - Le Mur de l'Atlantique
- 1975 - Otalia de Bahia
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Marcel Camus Fiche Personalite". Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Biography - Movies - Marcel Camus". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Marcel Camus". Encyclopedia Universialis. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ Canby, Vincent (21 de marzo de a1986). "THE SCREEN: 'BAHIA,' FROM MARCEL CAMUS". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Os pastores da noites". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcel Camus na IMDb (en inglés).