Saltar ao contido

Orfeo negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orfeo negro
 Título
Orfeu Negro (pt)
Orphée Noire (fr)
Black Orpheus (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Formato de distribución
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Representa a
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
12 de xuño de 1959 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Recadación
   750.000 $ (1960) Editar o valor en Wikidata
 Duración
   107 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF224737949 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-4AA4-0000-8-0000-0000-D Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04hxvw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
81/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
88% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2024)
7.9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0053146 Filmaffinity: 172778 Allocine: 261 Rottentomatoes: m/black_orpheus Allmovie: v5910 TCM: 68912 Metacritic: movie/black-orpheus TV.com: movies/black-orpheus BNE: XX4154664 Netlix: 19599610 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Orfeo negro (en portugués: Orfeu Negro) é un filme de 1959 coproducido entre Francia, o Brasil e Italia dirixido polo director de cinema francés Marcel Camus. Foi rodado en Río de Xaneiro e contribuíu a volver mundialmente famosa a música popular brasileira. Antônio Carlos Jobim e Luiz Bonfá son os autores dos dous temas principais da música que chegaron a ser clásicos da bossa nova e do jazz, A felicidade, de Jobim, e Manhã de Carnaval, de Bonfá.

O filme baséase na obra teatral de 1954 Orfeu da Conceição, do poeta e músico Vinícius de Moraes, e constitúe unha adaptación do mito de Orfeo ao ambiente do carnaval brasileiro.

Foi emitido na TVG o 29 de agosto de 1986.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

A bela Eurídice chega ó Río de Xaneiro en vésperas do seu célebre entroido, onde é acollida por unha prima que vive nunha favela da cidade. Achégase aló entre o frenesí da samba polas rúas, nun tranvía conducido por un músico chamado Orfeo, heroe popular do lugar polo poder de sedución das súas cancións, e que se fixa nos seus encantos. A paixón mergullaraos no transo vertixinoso do entroido, que á súa vez os arrastrará a un desenlace fatídico. Como no mito grego, Orfeo, aínda que é capaz de facer levantarse o sol coa súa música e canto, e de embelesar todos os que o ouven, non consegue realizar o seu amor.

Breno Mello era un xogador de fútbol sen experiencia na interpretación cando foi escollido para o papel de Orfeo.[2] Ía camiñando pola rúa no Río de Xaneiro cando o director Marcel Camus o parou e preguntoulle se lle gustaría aparecer nun filme.[3] Da Silva, que interpreta a Morte, foi un atleta de triplo salto que gañou dúas medallas olímpicas en 1952 e 1956.[4]

Marpessa Dawn non era brasileira, senón de Pittsburgh, Pensilvania.[5]

Orfeo negro gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes en 1959[6] e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa representando a Francia.[7] Tamén gañou o Globo de Ouro e o BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa.

Influencia

[editar | editar a fonte]

Jean-Michel Basquiat citou Orfeo negro como unha das súas primeiras influencias musicais.[8] Barack Obama escribiu no seu libro de memorias Dreams from My Father (1995) que era o filme favorito da súa nai.[9][10]

  1. La Voz de Galicia, 29 de agosto de 1986. Páx. 55
  2. Hevesi, Dennis (5 de setembro de 2008). "Breno Mello, 76, Star of Orpheus, Dies". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
  3. Guyot, Jean-François (17 de maio de 2005). "Astro de Orfeu Negro conhece Cannes 46 anos apos vencer festival". France Presse. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
  4. "Adhemar da Silva". sports-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 13 de xuño de 2015.
  5. "Black Orpheus". Festival de Cannes. 1959. Consultado o 15 de febreiro de 2009.
  6. "The 32nd Academy Awards (1960) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 27 de outubro de 2011.
  7. Fretz, Eric. Jean-Michael Basquiat: A Biography, Greenwood Biographies, 2010, p. 5.
  8. Gonzalez, Ed. "The House Next Door: Barack Obama: A Story of Race and Politics", Slant Magazine (22 de marzo de 2008).
  9. Williams, Tia. "Vintage Vamp: Black Orpheus Star Marpessa Dawn" Essence, (21 de agosto de 2011).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]