Saltar ao contido

Sikorsky S-76

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sikorsky S-76
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
1979 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
13 de marzo de 1977 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Total producido
   537 Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   13,44 m Editar o valor en Wikidata
 Diámetro
   13,41 m rotor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03mb71 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero medio utilitario fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk. O S-76 ten dous motores turboeixo, un rotor principal de catro palas e tren de aterraxe retráctil.

Son usuarios do modelo, servizos de preto de 30 países, entre eles os gardacostas da Xunta e o Exército do Aire español, sendo España e o Xapón dos poucos países nos que se lle dan os dous usos, o civil e o militar.

A versión militar opera, polo menos, en Arabia Saudita, a Arxentina, os Emiratos Árabes, España (8 unidades), Guatemala, Honduras, Iraq, Tailandia e o Xapón.

As versións civís voan, polo menos, en Australia, o Brasil, o Canadá, a China, os Estados Unidos, Galicia, Macau, México, Nova Zelandia, Panamá, o Reino Unido, Serbia, Suecia, Taiwán, Trinidad e Tobago e o Xapón.

O S-76 en Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia teñen a súa base, dende 2005,[1] dúas unidades S-76C+ do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o Pesca 1 (matrícula EC-JES) con base no Aeroporto de Vigo e o Pesca 2 (EC-JET) con base no Heliporto Costa Norte de Viveiro.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Xunta de Galicia's Search and Rescue Service Purchases Two S-76C++ Helicopters". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2010.
  2. Artigo en La Opinión A Coruña, 22-01-2009 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]