Palmeira de California
Palmeira de California | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Washingtonia filifera en California | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Washingtonia filifera' (Lindl.) H.Wendl. |
A palmeira de California (Washingtonia filifera) é unha especie arbórea da familia das Arecáceas. É, xunta as Phoenix canariensis e Phoenix dactylifera, unha das principais especies de palmeira que se utilizan na xardinaxe en climas mediterráneos. En Galiza plántase nalgúns xardíns costeiros tanto privados coma públicos, sendo máis frecuente nas Rías Baixas.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A súa orixe vén das áreas subdesérticas de California. En boas condicións para o seu crecemento, acada até os 23 metros de altura (algunhas incluso 30 m). O seu nome fai honra a George Washington, o primeiro presidente dos Estados Unidos.
As condicións ideais son os veráns calorosos, mais no inverno ten unha relativa resistencia ao frío, xa que pode aturar xeadas de curta duración de até 10 graos baixo cero.
Descrición
[editar | editar a fonte]As súas principais características diferenciadoras a respecto do xénero Phoenix é que ten follas palmadas (ou sexa, os folíolos saen radialmente do mesmo punto no extremo do pecíolo, no canto de se dispor ao longo do raque como as barbas dunha pluma) e o toro é moito máis magro e alto (máis de 15 metros). O toro posúe pequenas marcas de fendas engurradas ou esta parcialmente cuberto por restos foliares, a súa base está enlargada. Posúe un froito elíptico ou oval, negro de 0,6 cm de diámetro.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Washingtonia filifera, a palmeira de California, foi descrita por (Lindl.) H.Wendl. e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879.[2]
Washingtonia: nome xenérico que leva o nome de George Washington.
filifera: epíteto latino que significa "con fíos".[3]
- Brahea dulcis J.G.Cooper
- Brahea filamentosa S.Watson
- Brahea filifera (Linden ex André) W.Watson
- Livistona filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi)
- Neowashingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Sudw.
- Neowashingtonia filifera (Linden ex André) Sudw.
- Pritchardia filamentosa H.Wendl. ex Franceschi
- Pritchardia filifera Linden ex André
- Washingtonia filamentosa (H.Wendl. ex Franceschi) Kuntze
- Washingtonia filifera var. microsperma Becc.
- Washingtonia filifera var. typica M.E.Jones[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Johnson (1998). Washingtonia filifera. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 May 2006.
- ↑ "Palmeira de California". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de outubro de 2012.
- ↑ en Epítetos Botánicos
- ↑ "Washingtonia filifera (Rafarin) H.Wendl. ex de Bary". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-02-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palmeira de California |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palmeira de California |
- Washingtonia filifera at Floridata
- Washingtonia filifera en Flora de América do Norte (en inglés).
- http://www.nps.gov/jotr/nature/features/oases/oases.html Arquivado 17 de xuño de 2006 en Wayback Machine.
- https://web.archive.org/web/20081205015611/http://www.livingdesert.org./plants/california_fan_palm.asp
- http://www.xeri.com/Moapa/wf-hr-foreword.htm