A Universidade de Viena (en alemán: Universität Wien) é a maior e máis lonxeva universidade de Viena.
Foi fundada en 1365 por Rodolfo IV e desde o inicio das súas labores é nomeada Alma Mater Rudolphina Vindobonensis. É unha das seis primeiras universidades fundadas no ámbito de fala alemá.
Conta con máis de 90.000 alumnos, sendo a universidade máis grande da Austria.
Entre os destacados gañadores do Premio Nobel que foron profesores nesta Universidade encóntranse:
A Universidade de Viena foi o berce da Escola Austríaca de Economía.
Os fundadores desta escola inclúen personalidades como Carl Menger, Eugen von Böhm-Bawerk, Friedrich von Wieser, Joseph Schumpeter, Ludwig von Mises e Friedrich A. von Hayek.