Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | sitio web, rede social, comunidade en liña, plataforma online muito grande e organización |
---|---|
Data de fundación | 28 de decembro de 2002 |
Fundador(es) | Reid Hoffman e Konstantin Guericke |
Director/a | Ryan Roslansky |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.linkedin.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant[1]. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos[2].
En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados. A cifra en 2013 ascendía a máis de 200 millóns de usuarios repartidos en 200 países de todo o mundo, abarcando todas as empresas da lista da revista Fortune das 500 maiores empresas estadounidenses.
Actualmente, esta rede conta con 400 millóns de usuarios,[Cómpre referencia] converténdose nunha das mellores cartas de presentación, cara ao mundo laboral, en Internet. A diferenza doutras redes, LinkedIn, non permite personalizar case nada do seu contido; a única foto que se pode subir é a do CV, deste xeito só permite enfocarse nos intereses profesionais das persoas rexistradas. Nela encontrarás empresas e profesionais que buscan promocionarse, facer "networking" e negocios[3].
Características
[editar | editar a fonte]A rede social LinkedIn está dividida da seguinte forma[4]:
Foto de perfil: a foto mostrada no perfil visualízase no encabezado da páxina. É moi importante que estea actualizada para facilitar o recoñecemento á outros usuarios.
Encabezamento: no encabezamento móstrase a foto de perfil, o nome do usuario, título, traballo, contactos e o botón de "conectar".
Estado: nesta sección poderase comezar conversación cos contactos, ademais de publicar novos proxectos nos que esteas somerxido, artigos de interese etc.
Traxectoria profesional e académica: este apartado está destinado a recolectar información sobre a educación recibida e a experiencia profesional acadada ata o momento. Ademais, poderanse destacar aptitudes e coñecementos que se posúan. Tanto a experiencia laboral como a formación académica aparecerán por orde cronolóxica, ocupando o primeiro lugar a traxectoria profesional (breve descrición da empresa na que se traballa e o posto que se ocupa).
Buscador de emprego: ferramenta para encontrar ofertas de traballo relacionadas co teu sector e situada na parte superior da páxina.
Aplicacións: é posible engadir aplicacións ao teu perfil, como é o caso de SlideShare, a partir da cal poderás compartir presentacións coa túa rede de contactos.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Somerxerte por primeira vez en LinkedIn é moi parecido a deseñar o teu CV. Unha vez dado de alta, debes introducir os teus datos persoais para crear o teu perfil profesional (traxectoria profesional, educación, traballo actual etc.). LinkedIn conta cunha opción máis rápida que vincula directamente os teus datos cos ofrecidos na tua conta de Facebook[5].
Tras achegar todos os datos requiridos, poderás comezar a buscar contactos para crear a túa rede de contactos; para isto, existe a opción de agregar persoas directamente dos contactos de Facebook, tamén poderás buscalas mediante correo electrónico ou mediante a opción que ofrece a propia páxina de "xente que talvez coñezas". Tras estes pasos, Linkedin darache a opción de seguir como usuario premium ou básico (gratuíto)[6].
É importante unirse a grupos relacionados coa profesión ou estudos cursados, para deste xeito ampliar a rede de contactos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qué es LinkedIn, cómo funciona y qué te puede aportar la red social profesional". Ciudadano 2.0 (en castelán). Consultado o 2016-04-16.
- ↑ "Cómo funciona LinkedIn". uncomo.com (en castelán). Consultado o 2016-04-16.
- ↑ "¿Qué es Linkedin y cómo funciona?- Guía básica de Linkedin". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2011.
- ↑ "Las nuevas características del perfil de usuario en LinkedIn". Webespacio (en castelán). Consultado o 2016-04-16.
- ↑ "Qué es LinkedIn, cómo funciona y qué te puede aportar la red social profesional" (PDF). Ciudadano 2.0 (en castelán). Consultado o 2016-04-16.
- ↑ "Las nuevas características del perfil de usuario en LinkedIn". Webespacio (en castelán). Consultado o 2016-04-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LinkedIn |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juanma Roca (2011) Revolución LinkedIn, La red profesional de management 2.0. del siglo XXI. Editorial Paidós, páxinas: 224 ISBN 978-84-493-2278-5l