Rosalind Franklin
Rosalind Franklin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Rosalind Franklin |
Nacemento | 25 de xullo de 1920 |
Notting Hill | |
Falecemento | 16 de abril de 1958 |
Chelsea e Royal Marsden Hospital | |
Causa | cancro de ovario |
Soterrada | Cemitério judaico de Willesden |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | Universidade de Cambridge, St Paul's Girls' School e Newnham College |
Ocupación | química, bióloga molecular, física, bioquímica, biofísica, cristalógrafo, profesora universitaria, xenetista e bióloga |
Pai | Ellis Arthur Franklin |
Premios | Prêmio Louisa Gross Horwitz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rosalind Franklin, nada en Londres o 25 de xullo de 1920 e finada na mesma cidade o 16 de abril de 1958, foi unha bióloga inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dedicouse á bioloxía molecular e colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física na Universidade de Cambridge no 1945. Aprendeu técnicas de difracción de raios X durante unha estadía de tres anos en París, no Laboratorio Central dos Servizos Químicos do Estado, tras o que se converteu en investigadora asociada no King's College de Londres. Sen o seu coñecemento, outro investigador asociado do centro, M. Wilkins, amosou a James D. Watson algunha fotografía de difracción de raios X de ADN tomada por ela, quen, en contacto con Francis Crick, tivo éxito en determinar posteriormente a estrutura da molécula. No mesmo número de Nature no que se publicou o artigo crucial de Watson e Crick publicouse tamén outro de Wilkins e Franklin sobre o soporte de datos da difracción de raios X. Os tres primeiros foron galardoados co Premio Nobel de Medicina en 1962.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
- Efecto Matilda