Saltar ao contido

Durban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Durban
Imaxe satelital
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Implicados
 Membro de
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1835 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
536.644 (2001)
595.061 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   225,91 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   22 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal4001 Editar o valor en Wikidata
VIAF156810052 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01tjvv Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX5473683
Wikidata G:Commons C:Commons
Vista da praia e da cidade de Durban.

Durban (eThekwinien en zulú) é unha cidade da provincia de KwaZulu-Natal, Suráfrica, localízase nunha baía natural e ten un dos maiores portos do océano Índico.

Posúe 3.100.000 habitantes. O 68,3 % dos habitantes son de etnia negra, o 19,9 % son asiáticos, o 8,98 % son brancos e o 2,82 % colorados. O 63 % da poboación fala zulú, 30% inglés, 3'4% xhosa, 1'4% afrikaans, 0'7 % sesotho.

O 25 de decembro de 1497 o explorador portugués Vasco da Gama ancorou na actual localización da cidade e deulle o nome de Río de Natal, pero non deixou ningún asentamento europeo e o territorio seguiu pertencendo aos zulús.

En 1824 Francis Farewell e Henry Fynn, aventureiros e comerciantes británicos deixaron a colonia do Cabo para establecer un negocio de comercio de marfil en Natal, máis tarde uníuselles Nathaniel Isaacs que marchara na súa busca e xuntos estableceron un posto comercial nun terreo que lles dera o rei Shaka dos zulús, que denominaron Port Natal, o pequeno asentamento converteuse nunha cidade e en 1835 déronlle o nome de Durban, en honra do gobernador da colonia do Cabo, Benjamin d'Urban. Os boers establecéronse sobre as montañas de Drakensberg en 1838 e, despois dunha serie de batallas, o goberno do Cabo construíu un forte. En 1844 o territorio pasou a formar parte da colonia do Cabo e os colonos británicos comezaron a establecerse na cidade. A partir de 1860 os británicos trouxeron milleiros de traballadores da India e doutros países asiáticos para traballaren nos campos de cana de azucre. Mahatma Gandhi viviu na cidade, e foi onde adquiriu conciencia política, ao ver a discriminación que sufrían os indios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Web oficial de Durban (en inglés)