Virxe das Dores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nosa Señora das Angustias (Juan de Juni, 1561), Semana Santa de Valladolid.

A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virgen da Caridade, Virgen da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.

A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.

En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:

  1. A profecía de Simeón.
  2. A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
  3. Xesús perdido no Templo durante tres días.
  4. María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
  5. A Crucifixión e Morte de Xesús.
  6. María recibe a Xesús baixado da Cruz.
  7. A sepultura de Xesús.

A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patrona de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.