José Luis Sanmartín Mato
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | José Luís Sanmartín Mato | ||
| Nacemento | 27 de marzo de 1990 (23 anos) | ||
| Lugar | Stuttgart, Alemaña | ||
| Altura | 1,91 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Real Madrid B | ||
| Número | 9 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 2002–2008 | Celta de Vigo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2008–2009 | Celta B | 21 | (3) |
| 2009 | Celta de Vigo | 2 | (0) |
| 2009– | Real Madrid B | 70 | (36) |
| 2009–2010 | → Celta (cedido) | 24 | (5) |
| 2011–2012 | Real Madrid | 1 | (1) |
| 2012- | Hoffenheim | 9 | (4) |
| Total | 127 | (49) | |
| Selección nacional | |||
| 2008–2009 | España sub-19 | 11 | (3) |
| 2009 | España sub-20 | 1 | (0) |
| 2009– | España sub-21 | 4 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 27 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu,[1] nado o 27 de marzo de 1990 en Stuttgart (Alemaña), é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Hoffenheim alemán.
Índice |
Traxectoria [editar]
Xogou os seus primeiros partidos profesionais durante a tempada 2008–09 co Celta de Vigo, na Segunda División. Durante esa campaña, Joselu combinou partidos co primeiro equipo e co filial.
O 31 de agosto de 2009 o Real Madrid fíxose coa fichaxe desta xove promesa por 1,5 millóns de euros, pero decidiu deixarlle cedido durante un ano no Celta de Vigo.[2] Tras unha tempada na que só consiguiu anotar 4 goles en 24 encuentros, volveu a Madrid para xogar no filial do equipo branco, o Real Madrid Castilla.
Na tempada 2010–11, Joselu xogou co filial branco, o Real Madrid Castilla, sendo o máximo goleador do equipo con 15 goles xunto a Álvaro Morata. Debutou co primeiro equipo o 21 de maio de 2011 ante o UD Almería, entrando no minuto 85 polo dianteiro Karim Benzema e marcando o oitavo gol do cadro merengue apenas un par de minutos despois.[3] O 20 de decembro de 2011 Joselu disputou o seu segundo partido oficial co Real Madrid na Copa do Rei contra a SD Ponferradina. O ex do Celta, que levaba o dorsal 29, entrou no campo no minuto 76 de xogo en substitución novamente de Benzema e marcou o cuarto gol do seu equipo a pase de José Callejón. Finalmente os brancos gañaron o partido (5–1).