Cosme Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cosme Vázquez Subiabre, nado en Mondariz o 15 de xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 27 de agosto de 1976, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

[editar] Traxectoria

Procedía dunha familia moi numerosa, fillo de Emelina Subiabre Peña. Comezou a estudar enxeñería, pero deixouno polo fútbol. Axiña destacou pola súa capacidade goleadora, por exemplo na Copa do Apóstolo en Santiago de Compostela en novembro de 1925. Logo de pouco tempo no Real Club Celta, fichou polo Athletic de Madrid. Na tempada 1925-26 proclamouse campión rexional e estatal co equipo madrileño. Precisamente, Cosme marcou o gol da vitoria na prórroga da semifinal fronte ao Celta no Estadio de Mestalla o 9 de maio de 1926.

En xuño de 1928 Cosme Vazquez defendeu de novo a elástica celeste nunha xira por Argentina e Uruguay, pero regresou a Madrid coa creación da Liga española de fútbol na tempada 1928-29, marcando na primeira campaña 15 goles en 17 partidos. Ao ano seguinte Cosme fichou polo Real Madrid xunto co seu compañeiro no ataque colchoneiro, Luis Olaso. Porén, non triunfou no equipo branco, xogando 15 partidos de liga en dúas tempadas e metendo 4 goles. En 1931 regresou a Vigo para xogar na segunda división co Celta, marcando dous goles fronte ao Murcia e o Cataluña.

Tras rematar a súa carreira como xogador, foi directivo e delegado do Atlético de Madrid, residindo nesa cidade o resto da súa vida.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas