Antonio Barragán
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Antonio Barragán Fernández | ||
| Nacemento | 12 de xuño de 1987 (25 anos) | ||
| Lugar | Pontedeume, Galicia | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Valencia | ||
| Número | 14 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 2002–2005 | Sevilla | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2005–2006 | Liverpool | 0 | (0) |
| 2006–2009 | Deportivo da Coruña | 26 | (2) |
| 2009–2011 | Valladolid | 40 | (0) |
| 2011– | Valencia | 30 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2005 | España sub-17 | 4 | (0) |
| 2005–2006 | España sub-19 | 11 | (0) |
| 2006–2007 | Galicia | 2 | (0) |
| 2007 | España sub-20 | 5 | (0) |
| 2007 | España sub-21 | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 2 de febreiro de 2013. † Aparicións (Goles) |
|||
Antonio Barragán Fernández, nado en Pontedeume o 12 de xuño de 1987, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Valencia CF.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado en Pontedeume, pertenceu á canteira do Sevilla FC antes de ser contratado polo Liverpool de Rafa Benítez, mais ante a ausencia de oportunidades, volveu a Galicia para recalar no Deportivo da Coruña.
Na tempada 2009–10, chegou ao Real Valladolid coa carta de liberdade, firmando por tres tempadas.
Trátase dun lateral dereito de nivel defensivo, difícil de superar nos "un contra un", ten moita intuición e case sempre escolle a opción máis adecuada. Cun gran físico para a práctica deste deporte, posúe un bo sprint y moito percorrido, gustándolle incorporarse ás posicións de ataque continuamente.
O 30 de agosto de 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia CF por 5 tempadas, cun custo de 1,5 millóns de euros.[1]
Selección nacional [editar]
Era habitual nas categorías inferiores da selección española, dándose a coñecer no Europeo sub-19 de 2006.
Palmarés [editar]
- Deportivo