Adrián López Rodríguez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Adrián López Rodríguez | ||
| Nacemento | 25 de febreiro de 1987 (25 anos) | ||
| Lugar | As Pontes, Galicia | ||
| Altura | 1,84 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Wigan Athletic | ||
| Número | 24 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| As Pontes | |||
| 2001–2006 | Deportivo da Coruña | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2006–2008 | Deportivo B | ||
| 2007–2010 | Deportivo da Coruña | 26 | (1) |
| 2010– | Wigan Athletic | 5 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2007 | Galicia | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 18 de setembro de 2011. † Aparicións (Goles) |
|||
Adrián López Rodríguez, tamén coñecido como Piscu, nado nas Pontes de García Rodríguez o 25 de febreiro de 1987 é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o Wigan Athletic inglés.
Índice |
[editar] Traxectoria
Adrián López Rodríguez, coñecido como Piscu (aínda que a el non lle gusta, vén dado a que coincidiu no Dépor con Adrián López Álvarez, o dianteiro procedente do Oviedo co que comparte nome e apelido, e por tanto levaba a confusión), naceu na localidade coruñesa das Pontes de García Rodríguez.
Xogou no equipo local até a categoría infantil (12-13 anos), unha vez pasou desta categoría entrou no Deportivo da Coruña, na categoría cadete e proseguiu a súa carreta futbolística nos xuvenís do Deportivo.
Tras esta etapa na que destacou como central pasou ao filial do Deportivo da Coruña, o Deportivo B ou Fabril como se lle coñece tradicionalmente.
No seu primeiro ano no Fabril (06-07) conseguiu o ascenso de Terceira División a Segunda B.
No seu segundo ano xogando en como defensa central no Deportivo B alcanzou o primeiro persoal do equipo tras levar ao filial á primeira posición do seu grupo en Segunda B e ser o equipo menos goleado da categoría.
O seu debut en Primeira División produciuse na sexta xornada da Liga correspondente ao 30 de setembro de 2007. Este partido xogouno no estadio Olímpico de Montjuic fronte ao Espanyol.
Participou por primeira vez na Copa do Rei (oitavos de final) esta vez contra o RCD Mallorca e no ONO Estadi e esta vez o 10 de xaneiro de 2007.
Saltou ao primeiro equipo debido á lesión de Albert Lopo. Tras esta lesión e xa que o tamén lesionado Pablo Amo non podía xogar ocupou a posto vacante do centro da zaga Aythami Artiles cunha actuación desafortunada. Por iso Miguel Ángel Lotina decidiu darlle a Adrián a oportunidade, que non desaproveitou para converterse nun fixo na defensa branquiazul.
Desde o seu debut en Primeira xogou a totalidade dos minutos dos partidos de Liga do Deportivo, durante 13 xornadas até a 18, correspondente ao 13 de xaneiro, cando causou baixa por gripe.
Na tempada 2009/10 disputou só 3 partidos de liga. Tras finalizar a campaña a entidade coruñesa exerceu con Piscu unha opción unilateral de renovación en virtude dun convenio entre a LFP e a AFE.[1] O xogador non se presentou en pretemporada en Abegondo, para a que estaba citado, e o club asegurou descoñecer o seu paradoiro. Uns días despois de que transcendese que o futbolista estábase adestrando co Wigan Athletic da Premier League inglesa, o Deportivo inscribiuno na lista de 25 xogadores para a tempada 2010/11.[2]
Finalmente, tras permanecer adestrando en Inglaterra, o 31 de decembro de 2010 o Wigan Athletic confirmou a súa fichaxe oficial ata o final da tempada 2010-2011.[3]
[editar] Selección nacional
Foi convocado coa Selección de fútbol de España sub-21 aínda que non chegou a debutar.
Tamén foi convocado pola Selección de fútbol de Galicia para o partido que disputou a mesma o 27 de decembro de 2007 en Balaídos. En devandita data debutou coa súa selección autonómica fronte a Camerún.
[editar] Títulos
[editar] Campionatos internacionais
| Título | Club | Ano |
|---|---|---|
| Copa Intertoto da UEFA | 2008 |