Paco Lodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Javier Lodeiro Gómez, chamado Paco Lodeiro, nado en Caracas o 14 de xuño de 1965, é un músico, humorista e presentador de televisión.

Índice

Traxectoria [editar]

Licenciado en Publicidade e enxeñeiro técnico de informática de xestión, Paco Lodeiro ten traballado como profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña e no IES Rodolfo Ucha de Ferrol. Pero Lodeiro comezou a facerse famoso a comezos dos anos noventa como unha cara coñecida da Televisión de Galicia. Alí presentou talk-shows e programas de entretemento, ao tempo que desenvolvía en paralelo unha carreira como actor de producións de ficción para televisión e, particularmente, como imitador e humorista na radio: primeiro no programa de Radio Voz Corre Carmela que chove e logo en Risoterapia, a canda Carlos Jiménez, Paco Lodeiro fíxose moi coñecido polas súas imitacións de Francisco Vázquez Vázquez, o daquela alcalde da Coruña.

O seu despegue debeuse ao programa Cifras e letras, que se emitiu en Telemadrid dende 2001 e logo noutras cadeas autonómicas, entre elas a edición galega dende 2006.

Ademais, ten publicado dous álbums en solitario como vocalista, e participa en La Sonora Callejera, un grupo de música ecléctica.

Presentador de televisión [editar]

Actor para televisión [editar]

Actor en longametraxes [editar]

Presentador de radio [editar]

  • El Expreso de Galicia
  • Nunca tal oíra

Produtor de documentais [editar]

Como músico [editar]

Discografía [editar]

  • Marea interior
  • Magia negra

Galardóns [editar]

  • Premio ATV ao mellor programa de entretemento de televisión 2006.
  • Premio da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador 2007
  • Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa de radio 1996 (por "Corre Carmela que Chove").
  • Premio Deputación da Coruña ao mellor guión de apropósitos 1999.