Selección de fútbol do País Vasco
| País Vasco | |||
|---|---|---|---|
|
|||
| Asociación | Federación Vasca de Fútbol | ||
| Confederación | |||
| Código FIFA | Non recoñecida pola FIFA | ||
| Alcume | Euskal selekzioa (2009-) Euskal Herria (2007) Euskadi (1937-2006, 2008) |
||
| Ranking FIFA | |||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Igor Gabilondo (12), Julen Guerrero (12), Joseba Etxeberria (11) | ||
| Máximo goleador | Julen Guerrero (6) | ||
| Estrea internacional País Vasco |
|||
| Maior vitoria País Vasco Copenhaguen, Dinamarca - 29 de agosto de 1937 |
|||
| Maior derrota País Vasco Gasteiz; 3 de agosto de 1980 |
|||
A selección de fútbol de Euskadi é un equipo de carácter non oficial organizado pola Federación Vasca de Fútbol, a entidade privada sen ánimo de lucro que xestiona o fútbol no ámbito do País Vasco. A selección acolle a xogadores de toda Euskal Herria nados na Comunidade Autónoma Vasca, así como en Navarra e o País Vasco francés.
Carece de recoñecemento por parte da FIFA, pois os seus estatutos (artigo 10) estipulan que para que unha selección poida participar en competicións internacionais oficiais debe ou ben representar a un estado independente ou ter autorización expresa da federación do país correspondente (neste caso da Federación Española de Fútbol).[1] É por este motivo que só disputa partidos amistosos.
Durante a Segunda República xogou baixo as denominacións de Vasconia e Euzkadi. Trala caída do franquismo levou os nomes de "selección de Euzkadi" ou "de Euskadi". En 2007 cambiou a súa denominación a "selección de Euskal Herria"[2](en éuscaro Euskal Herriko Selekzioa), retomando en 2008, non sen polémica, o antigo nome de "selección de Euskadi".